ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2024-2025

Convocatoria da Asamblea Xeral Ordinaria para o Curso 2024-2025.

1- ANUNCIO DA CONVOCATORIA

Publícase de acordo ao artigo 14 dos Estatutos desta Asociación a "CONVOCATORIA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA AMPA 2024" de socios que se celebrará no Salón de Actos do Colexio o mércoles 11/12/2024 as 18:30 horas en primeira convocatoria, e as 19:00 hora en segunda convocatoria co seguinte Orde do día

  1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta correspondente á Asamblea Xeral Ordinaria celebrada o 8 de novembro de 2023.
  2. Lectura e aprobación, se procede, das contas correspondentes ao curso 2023-2024 e lectura da Memoria de Actividades desenvolidas durante o curso 2023-2024.
  3. Lectura y aprobación, se procede, do Orzamento e Programa de Actividades correspondente ao curso 2024-2025.
  4. Proclamación das persoas candidatas elexidas para 7 puestos vacantes como integrante da Xunta Directiva tras a celebración das eleccións.
  5. Rogos e preguntas.

Esta convocatoria figura tamén na Circular enviada o 18/11/2024 na PLATAFORMA EDUCAMOS co título (Asunto) "CONVOCATORIA ASAMBLEA GENERAL Y ELECCIONES 2024".

doc > Adxunto.zip > CONVOCATORIA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA AMPA 2024. A descarga dende a plataforma achega un documento comprimido "Adxunto" que contén dous documentos: CONVOCATORIA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA AMPA 2024.pdf e ELECCIONES 2024.pdf.

2- DOCUMENTACIÓN

A documentación que se presentará será:

A relación entre o Orde do dia e a documentación é:

  • "1. Lectura y aprobación, si procede, del Acta correspondiente á Asamblea Geral Ordinaria celebrada o 8 de noviembre de 2023" [ doc 1 > Acta Asamblea Xeral Ordinaria do Curso 2023-2024 ].
  • "2. Lectura y aprobación, si procede, de las cuentas [ está na MEMORIA económica do Curso 2023-2024 e Proposta para o Curso 2024-2025 > Apartado 1, 2 ] correspondientes al curso 2023/2024 y lectura de la Memoria de Actividades [ está na MEMORIA actividades do Curso 2023-2024 e Proposta para o Curso 2024-2025 > Apartado 1 ] desarrolladas durante el curso 2023/2024".
  • "3. Lectura y aprobación, si procede, del Presupuesto [ está na MEMORIA económica do Curso 2023-2024 e Proposta para o Curso 2024-2025 > Apartado 3. PREVISIÓN DE GASTOS E INGRESOS CURSO 2024-25 ] y del Programa de Actividades correspondiente al curso 2024/2025 [ está na MEMORIA actividades do Curso 2023-2024 e Proposta para o Curso 2024-2025 > Apartado 2. PROYECTO DE ACTIVIDADES DE LA ASOCIACIÓN DE MADRES Y PADRES DE ALUMNOS DEL COLEGIO ESCLAVAS. CURSO 2024-2025 ]".

3- REPRESENTACIÓN

De acordo ao artigo 16 dos Estatutos: "Los socios podrán concurrir personalmente o mediante  representación, pudiendo cada socio presente en las reuniones de la Asamblea tener conferida como máximo la representación de otro socio".

"La Asociación facilitará los impresos necesarios, en los cuales habrán de figurar el nombre, apellidos y firma del asociado representado, junto con una copia de su DNI."

Este documento é:

💬 Referencias

________________

COMEDOR EN FAMILIAS 2023/2024: repetimos éxito!

 




Dende a ANPA queremos agradecer ás 31 familias que participaron na enquisa do comedor escolar deste curso 2023/24. A vosa colaboración é esencial para mellorar e garantir un servizo de calidade, adaptado ás necesidades e preferencias dos nosos nenos e nenas.

Estamos encantados de compartir qeu os resultados da enquista foron moi similares aos do curso pasado: foron moi satisfactorios! En todos os aspectos avaliados, o comedor obtivo valoracións moi positivas, o que reflicte o bo traballo realizado polo equipo encargado e a confianza das familias no servicio.





Dende a calidade da alimentación ata a atención e coidado do personal, os resultados demostraron que o comedor segue a ser un espazo seguro e de aprendizaxe para os nosos  pequenos. Este éxito tamén é froito dda vosa implicación, das vosas suxestións e da cooperación coa AMPA e o centro educativo no programa "Familias en el Comedor".

Seguiremos traballando xuntos para manter e mellorar o servizo nos próximos cursos. Grazas a todas as familias pola vosa confianza e apoio! 

Se tedes algunha outra proposta ou comentario, non dubidedes enfacérnolo chegar. A vosa opinión conta!




Arranca a segunda EDICIÓN PROXECTO "ANFITRIÓNS POR UN DIA" 2024

 



Estamos encantados de anunciarvos que volve a segunda edición de Anfitrións por un día!

Esta iniciativa busca achegar aos nosos estudiantes de secundaria ao mundo laboral, permitíndolles pasar un día con profesionais de diferentes campos. Os estudantes terán a oportunidade única de aprender de primeira man sobre diversas profesións, as súas responsabilidades e desafíos. Animamos a todas as familias a participar neste proxecto para compartir as súas experiencias profesionais e axudar a inspirar á nosa próxima xeración! Xuntos podemos ofrecer aos nosos mozos unha visión máis ampla e enriquecedora das posibilidades profesionais que lles esperan.

Unídevos a nós e formade parte desta experiencia que cambiará vidas!

Velaquí o Formulario

GRADUACIÓN - PROMOCION 2006

 



Parabéns aos nosos graduados!

O día de onte foi moi emocionante e significativo, marcou o fin dunha etapa e o comenzo dunha nova aventura. Queremos comenzar esta entrada no blogue manifestando o orgullosos que, dende a ANPA, estamos por cada un de vós e de todo o esforzo e dedicación que puxestedes para chegar ata aquí. Esperamos que a graduación fose o comenzo dun camiño cheo de éxitos e realizacións. Parabéns por este gran paso e que o futuro vos sorría sempre con infinitas oportunidades e felicidade. 

Queremos destacar o papel que tivemos nós como ANPA neste evento. O noso compañeiro e secretario, David León, desempeñou un papel destacado, sendo o encargado este ano de colocar as bandas distintivas nos graduados, subvencionadas por a nosa asociación. Ademáis, a ANPA colaborou activamente na organización do evento, patrocinando e coordinando o picoteo posterior que tivo lugar no comedor do noso colexio, onde as familias poidéchedes compartir momentos de celebración e confraternización.

O compromiso e a colaboración da ANPA foron clave para o éxito do evento, e desexamos que todas as familias e graduados disfrutaran dun día inesquecible e cheo de emoción.

 




INFANTIL no Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso en A Laracha

 




Onte, 14 de Maio, o alumnado de Infantil desfrutou dun día en plena natureza no Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso, na parroquia larachesa de Erboedo. Foi unha xornada enriquecedora na que poideron participar en diversas actividades lúdico-deportivas, ubicado nun entorno natural privilexiado, a pouca distancia do nacemento do río Anllóns, dentro da Costa da Morte.

Durante a visita, disfrutaron da experiencia "Un día na granxa", onde os rapaces tiveron a oportunidade de interactuar cos animais; realizar rutas en poneis; coñecer o picadero onde se adestran os cabalos; visitar o corral para aprender máis sobre o coidado dos galos e galiñas e coñeder de primeira man a súa alimentación, así como observar a fauna e a flora do lugar dende o estanque. Ademáis, tiveron actividades ao aire libre, aprenderon algo de horta e disfrutaron de algún obradoiro creativo e outros xogos.




Estamos moi contentos de poder ofrecer aos nosos pequenos esta experiencia única, que lles permitiu conectar co medio ambiente e enriquecer o desenvolvemento cognitivo, físico, emocional, social e ocupacional de maneira divertida.

Agradecemos ao Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso pola súa hospitalidade e por permitirnos pasar un día inesquecible rodeados de natureza e cabalos.



Dende a ANPA esperamos que as familias estean satisfeitas coas saídas e actividades deste tipo.

O custo para non abonados foi de 26,50 euros.


FESTAS SANTA RAFAELA MARÍA

 



Neste artigo, queremos destacar o noso compromiso coas Festas de Santa Rafaela María, celebradas no noso colexio o pasado 11 de Maio, co que destinamos o 5% do noso orzamento para patrocinar este evento tan especial.

As festas foron un día cheo de diversión e actividades para todos os gustos e idades. Dende deportes ata inchables, algodón doce, concertos e mesmo no teatro houbo actuacións representadas polos nosos estudantes. Non faltou a tradicional tómbola nin a emocionante festa da espuma. E para poñerlle o broche final, realizouse un sorteo de premios que encheu de emoción a todos os participantes.







Por suposto, tampouco faltou a comida. Unha variedade de pratos deliciosos que deleitaron ás familias e lles peritiu desfrutar ao máximo desta gran celebración.

Estamos orgullosos de poder contribuir ao éxito das Festas da nosa patrona e esperamos seguir apoiando este tipo de iniciativas no futuro. Grazas a todos os que fixeron posible este marabilloso evento!


Festa da Espuma






Novo obradoiro: Acompañando á Adolescencia




Cando falamos da adolescencia, as familias trememos. Esta etapa tan crucial na vida de cada persoa ás veces convértese nun pesadelo tanto para o adolescente como os seus proxenitores, de aí que, dende a ANPA, xurdira a idea de organizar un obradoiro para as familias, principalmente con rapaces de idades comprendidas entre os 11 e 17 anos. 

"Acompañando á adolescencia", foi impartido pola educadora Sara Vierna, de Almas Meraki, no noso colexio. Nel proporcionáronse respostas ás dificultades que aparecen nesta etapa. O adolescente precisa, máis que nunca, que lle mostremos a nosa mellor versión, unha educación onde o adulto estea presente e dispoñible, mostrando o seu afecto e validando as emocións con respecto e cariño. Se algo van necesitar os nosos adolescentes é sentir o amor dos seus proxenitores de maneira incondicional.

Durante os dous fin de semana, entre febreiro e marzo, abordáronse temas como: manter o vínculo cercano durante o proceso de autodefinición, promover unha comunicación sana e comprender as emocións dos adolescentesAdemáis adaptouse o enfoque á sensibilización actual tras a pandemia, buscando ofrecer un apoio emocional.

O obxectivo foi proporcionar ferramentas para xestionar emocións, comunicarse de forma respectuosa e comprender os retos dos adolescentes, integrando o mindfulness, a comunicación non violenta, a perspectiva de xénero e a pedagoxía consciente.

O custe para os abonados foi de 75€ e 100€ para os non asociados. As prazas limitáronse a 20 e incribíronse ademáis de asociados, docentes de Escravas de A Coruña e familias interesadas de outros centros.



Demostración de ping-pong



 

O noso alumnado gozou, á volta das festas de Nadal, dunha actividade promovida pola ANPA.


A través dunha petición realizada por unha familia asociada, o Clube do Mar San Amaro organizou unha emocionante demostración de tenis de mesa no ximnasio azul do noso centro, dividida en xogos dinámicos. A actividade, que contou co noso apoio, foi recibida con gran entusiasmo polos nenos e profesores que, cheos de alegría, disfrutaron plenamente destas experiencia única.


Os xogos propostos na demostración permitiron aos nenos desenvolver as súas habilidades de maneira divertida e educativa. A iniciativa busca fomentar a participación e o interese polos deportes entre os máis pequenos.


Un éxito notorio que se repetirá noutros cursos este vindeiro xoves e venres. A colaboración co Clube do Mar San Amaro asegura unha experiencia enriquecedora para os nenos, proporcionando recursos e apoio técnico para a realización da actividade.


Dende a ANPA expresamos a nosa satisfacción pola resposta positiva dos nenos e está comprometida a seguir ofrecendo actividades lúdicas e educativas que enriquezan o ambiente escolar. O compromiso co desenvolvemento integral dos estudantes é unha prioridade, e eventos como este demostran o éxito dunha comunidade escolar activa e participativa.


TORNEO XADREZ NAVIDAD - VI EDICION

Recentemente, tivemos o pracer de testemuñar o VI Torneo de Xadrez no Colexio Esclavas de A Coruña, onde a destreza e a estratexia brillaron grazas ás talentosas participantes. Este evento non só promoveu a competición saudable, senon tamén reforzou o espíritu xadrecista na nosa comunidade educativa. 

Parabéns a todos os xogadores pola súa dedicación! Sen dúbida, esta experiencia enriquecedora deixará unha pegada duradeira no corazón dos amantes do xadrez do Colexio Esclavas de A Coruña.

Queremos compartir a emocion da entrega de premios e trofeos aos participantes e gañadores. A súa participación é fundamental para o éxito deste evento.




¡Grazas polo voso compromiso!





Grazas por deixarnos unha pegada tan profunda e significativa, Miguel.




 É un día triste no que nos toca comunicar o falecemento do noso apreciado profesor de Infantil e Primaria, Miguel López, coñecido nas RRSS como "O Hematocrítico". Non só foi un educador exemplar, senon que tamén unha alma xenerosa que enriqueceu as nosas vidas co seu humor único e a súa presenza vibrante.


Miguel deixou un legado imborrable no noso colexio e na nosa ANPA. Co seu compromiso e entusiamo, inspirou non só aos estudantes, senon tamén aos seus colegas e ás familias que tiveron a sorte de coñecelo. As súas clases non só eran educativas, senon tamén divertidas, enchendo as aulas de risas e aprendizaxe.


Como twittero e cómico, Miguel levaba a súa creatividade a novas alturas. As súas mensaxes e chistes amosaban a súa habilidade para facernos sorrir mesmo nos momentos difíciles. O Hematocrítico conectaba no corazón de quen o escoitaba, creando unha comunidade de que apreciaba a súa perspicacia e intelixencia humorística.


Coa súa perda, a comunidade educativa perde non só un educador excepcional, senon tamén un amigo entrañable. A súa memoria permanecerá viva no noso colexio e na nosa comunidade, recordándonos sempre a importancia de rir, aprender e vivir plenamente cada día.


Descansa en paz, querido Miguel. Grazas por todo.


P.D. Deixámovos aquí a primeira entrevista que lle fixemos no colexio.



BIOESCOLAS - Reciclaxe de aceite de cociña

Dende a AMPA, en colaboración con centro escolar e a empresa de reciclaxe Arioil, poñemos en marcha unha iniciativa de reciclaxe de aceite de cociña usado denominado BIOESCOLAS nas Esclavas:

 

 Trátase dunha actividade de reciclaxe de aceite usado de cociña dirixida ao alumnado dos centros educativos de Galicia.

A operación é a seguinte:

  • O alumnado poderá traer da casa aceite de cociña usado nunha botella de plástico pechada e depositalo no recipiente específico situado no colexio. 
  • Este aceite recollido terá un retorno económico para as actividades, material, etc. dos vos@s fill@s.
  • A maiores, nos meses de marzo e abril participaremos nun concurso con outros centros onde o premio será de 500€ para o centro que máis aceite recolla en porcentaxe.

Animámosvos a participar nesta iniciativa de reciclaxe e enviar o aceite usado que teñades nas vosas casas. Axudemos a educar ambientalmente as/aos nos@s fill@s, creando hábitos de reciclaxe, coa transparencia de que todos os residuos son materia prima e teñen valor.

Moitas grazas de antemán.


Folleto informativo

LSE: CONTACONTOS HALLOWEEN

 ¡A ANPA fixo que Halloween fose aún máis especial este ano! 🎃✨ 

 Organizamos un emocionante Conta Contos en Lingua de Signos Española (LSE) para o alumnado. Na máxica sesión de contacontos vivimos unha conexión única do mundo da narrativa. Cada signo foi unha porta a historias fascinantes que, sen palabras audibles, resonaron nos corazóns dos nosos nenos. 

 A linguaxe de signos non só contou historias, tamén creou pontes de comprensión e inclusión. Na marabilla dos xestos, os contacontos transportaron á audiencia a mundos onde a comunicación vai máis aló das palabras audibles. 

 Que esta sesión de contacontos en linguaxe de signos siga a ser un recordatorio de historias que non coñecen fronteiras e poden ser contadas de maneiras tan variadas como as linguaxes que as expresan. 





Dándolle unha Segunda Vida aos Uniformes



No noso mercadiño, a reutilización é a estrela. Cada uniforme usado ten a oportunidade de ter un novo dono e un novo propósito. 

Exploramos como esta práctica non só aforra recursos, senon que tamén fomenta a solidariedade na nosa comunidade. Grazas ás familias que participachedes nel, non so atopáchedes uniformes asequibles, senon tamén contribuíchedes ao coidado do medio ambiente. 

A reutilización é un acto de amor á nosa Terra, e con cada compra estivéchedes axudando a facer a diferencia. 

 Esperámovos ver no seguinte mercadiño ¡Grazas por ser parte deste movemento!


ABRAHAM CUPEIRO


A nosa ANPA fixo posible esta marabillosa actividade. 🙏

 🌟 Un concerto inesquecible para os nosos nenos e nenas! 🎶 Abraham Cupeiro arrasou no noso salón de actos o pasado xoves 5, todos quedamos alucinados coa súa actuación. 😲 Un verdadeiro luxo ter a un artista tan talentoso na nosa escola.


Grazas Abraham por facer que os nosos rapaces vivisen esta experiencia única. 👏💫


COMEDOR EN FAMILIAS. Resultados do curso 2022/2023



Xa temos aquí os resultados das enquisas do curso pasado sobre as Xornadas de Familias no Comedor, xunto con algúns dos vosos comentarios e suxerencias. 


 A puntuación media foi de de 4.8 sobre 5, ¡o que está xenial! 🌟👏 


Grazas ás familias pola súa participación e apoio a este proxecto. A  vosa participación activa neste proxecto fortaleceu os lazos e promoveu un ambiente de convivencia saudable. 

Animávovos a participar ás familias novas e aos que non tivechedes oportunidade de asistir outros anos. Recordade que é tan sinxelo como anotarse en portería ou chamando ao teléfono do noso centro.


INFANTIL na Casa do Queixo: descubrindo o Ecoturismo





Na nosa recente excursión á Granxa do Queixo dos nosos valentes aventureiros de 6º de Infantil, non só tiveron a oportunidade de explorar os segredos da producción artesanal do queixo galego, senon tamén de mergullarse nunha experiencia de ecoturismo única, grazas á subvención e apoio da Deputación da Coruña.

Neste enriquecedor lugar, atopamos non só unha instalación de producción, senón tamén un exemplo de sustentabilidade e conservación do medio ambiente. Aquí os nosos pequenos exploradores puidéronse conectar coa natureza e comprender a importancia de preservar o noso entorno natural.

Ademáis, un dos aspectos máis destacados da visita foi a descuberta dun paxar antigo completamente restaurado. Este espazo histórico ofreceu aos nosos aventureiros unha ollada ao pasado, permitíndolles apreciar a rica historia e o patrimonio cultural da nosa rexión.

Dende o fondo dos nosos corazón, queremos expresar o noso profundo recoñecemento á Deputación da Coruña por facer posible esta marabillosa experiencia. A súa xenerosidade e apoio son verdadeiramente apreciados por todos nós, na comunidade da nosa ANPA.

Esperamos continuar colaborando no futuro para seguir ofrecendo experiencias valiosas e enriquecedoras para os nosos nenos e nenas.









ACTIVIDADE SUBVENCIONADA 






INFANTIL na GRANXA COVENTINA


Queremos compartirvos, dende a nosa ANPA, a experiencia que brindamos ao alumnado de 4º e 5º curso de infantil da nosa comunidade educativa, grazas á subvención da Deputación da Coruña. Participamos na organización dunha excursión á Granxa Coventina, sita en Taramuxo, Carral (A Coruña), onde os nosos pequenos puideron mergullarse nun mundo de aprendizaxe e diversión en contacto coa natureza.

Dende o momento en que chegaron, víronse rostros radiantes e os ollos cheos de asombro dos nenos, evidencia clara da maxia que se lles aveciñaba. Explorar os campos, aprender sobre a vida rural e participar en actividades interactivas proporcionoulles unha experiencia única, que contribuíu ao seu desenvolvemento personal e educativo.

Máis alá do mero entretemento, destacamos a importancia de fomentar o respecto polo medio ambiente e a conexión co entorno natural. Esta excursión non só foi un momento de diversión, senon tamén unha lección de coidado e aprecio pola natureza.

Estamos profundamente agradecidos á Deputación pola súa colaboración e apoio nesta iniciativa, así como a todos o membros da nosa ANPA, en especial aos que traballaron arreo para facer realidade esta experiencia inolvidable. Sen dúbida, este día na Granxa Coventina deixou unha pegada imborrable nos corazóns e mentes deste cursos de infantil, e reforzou a nosa determinación de seguir ofrecéndolles oportunidades enriquecedoras no futuro.









ACTIVIDADE SUBVENCIONADA 



PUBLICACIÓNS

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025-2026

  Convocatoria da ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA ANPA 2025 . Día: xoves, 4 de decembro de 2025 . Hora: 18:00 horas en primeira convocatoria, 18:...