En Idade Infantil seguen a traballar e a estimular os seus sentidos:
PROXECTO SUBVENCIONADO
Páxina Web / Blog da ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO (ANPA) do COLEXIO ESCLAVAS DEL SAGRADO CORAZÓN de A Coruña
Contratamos a Vellaescola para finalizar as actividades de igualdade co deseño dun graffitti que pronto realizaremos no colexio:
Actividade realizada por:
Vellaescola
Actividade subvencionada por:
3º e 4º de ESO e 1º e 2º Bacharelato: DEPORTE. SURF E MULLER.
Realizamos charlas nestes niveis da adolescencia abordando o tema da igualdade e a prevención da violencia de xénero dende a figura dunha muller deportista, licenciada en INEF e empresaria adicada ao mundo do Surf e que cando empezou era un deporte maioritariamente masculino. Falou da súa experiencia como deportista, empresaria e muller.
Realizado por:
Actividade subvencionada por:
1º e 2º ESO: OBRADOIRO RAP COA IGUALDADE
Comezamos a celebrar os obradoiros "RAP coa IGUALDADE" impartidos pola Asociación Vella Escola, especializados en Cultura Urbana e que promocionan as súas actividades enmarcadas en diversos proxectos sociais relacionados coa xuventude, o medio ambiente, a discapacidade, a igualdade, a normalización lingüística,...
Gran acollida por parte do alumnado!
E.I. e 1º e 2º EP : QUE É O QUE REALMENTE TE FAI FELIZ?
ROMPENDO
ESTEREOTIPOS
Realizamos coa asociación Distant Sounds uns contacontos e actividades relacionadas coa Igualdade.
Realizada por:
Distant SoundsActividade subvencionada por:
3º, 4º, 5º e 6º de E.P.: EDUCANDO EN IGUALDADE
A asociación Distant Sound realizou estes días, actividades relacionadas coa igualdade e a prevencion da violencia de xénero nos cursos de primaria.
Xogamos coas profesións, fixemos un debate sobre a igualdade e as diferentes conductas que xeneran a violencia de xénero, e traballamos o tema dos estereotipos dun xeito práctico e dinámico.
Para rematar o obradoiro fixemos un taller de chapas no que cada neno e nena representou cun debuxo o que era para cada quen a igualdade.
Realizada por:
Distant Sounds
Actividade subvencionada por:
Canto disfrutamos hoxe! TERRORÍFICO!!!
O Tuff tray recheo con arroz pintado de laranxa para transferir. Engadimos arañas artificiais que se “esconden” baixo o arroz. Que medo!
PROXECTO SUBVENCIONADO
Na bañeira de luz, hai diferentes materiais naturais que asociamos co outono: cortiza, follas, piñas e castañas.
PROXECTO SUBVENCIONADO
A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedeunos unha subvención para levar a cabo un proxecto que fomenta a igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Dende a AMPA do CPR ESCLAVAS DA CORUÑA cremos que debemos sensibilizar e involucrar ás familias na promoción dos valores de corresponsabilidade dunha distribución de tarefas domésticas e de coidado sen condicionamentos de xénero. Cremos que, combinando esforzo e traballo, dende todos os elementos da comunidade educativa, debemos promover programas de formación, sensibilización, información para a erradicación de todas as formas de violencia contra as nenas, as mulleres novas e as mulleres.
A nosa proposta abarca diferentes actividades adaptadas a diferentes niveis educativos, así como a profesores e familias. Consideramos que é fundamental formar ás familias en todos os aspectos relacionados coa IGUALDADE DE XÉNERO e a PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, para que poidan complementar, dende casa, a formación que reciben os seus fillos e fillas na escola.
ACTIVIDADES A REALIZAR
E.I. e 1º e 2º EP
Sesións de contacontos cun tema relacionado coa igualdade e a loita contra os estereotipos. Deste xeito lúdico, os nenos e as nenas terán un enfoque sobre o tema da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
3º, 4º, 5º e 6º de E.P.
Obradoiros prácticos sobre igualdade e prevención da violencia de xénero, loitar contra os estereotipos, romper contra o micro-machismo e a obxectivación do corpo de mulleres e nenas.
1º, 2º, 3º e 4º de ESO e Bacharelato
Sesións de obradoiros na aula cun fundamento teórico nun principio, pero fundamentalmente práctico. Tratando a igualdade de xénero, a prevención da violencia de xénero.
PROFESORADO
A nosa proposta é impartir unha xornada de formación con varios especialistas na materia, na que despois de dar a súa charla desenvólvase unha rolda de preguntas, dúbidas, suxestións,...
FAMILIAS
Especialistas en Igualdade de xénero que ofrecerán ás familias unhas charlas nas que a transparencia e a accesibilidade aos diferentes temas farán que estas sesións sexan moi interesantes e revelarán as familias do alumnado moitos aspectos posiblemente descoñecidos ou que xeren dúbidas que se poidan resolver nestas charlas-obradoiros.
GRAFFITTI
Como peche de todas estas actividades gustaríanos facer unha pintada nunha parede do centro co tema da igualdade.
GRAVACIÓN AUDIOVISUAL
Propoñemos unha gravación audiovisual destas actividades.
Proxexto subvencionado por:
Convocatoria da ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA ANPA 2025 . Día: xoves, 4 de decembro de 2025 . Hora: 18:00 horas en primeira convocatoria, 18:...