Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2019

II TORNEO XADREZ NADAL

Imaxe
II TORNEO DE NADAL DE XADREZ.    Estimadas familias,    A AMPA , en colaboración co Colexio, poñerá de novo en marcha o II TORNEO DE NADAL DE XADREZ.    O mércores 4 de decembro, de 17:20 a 19:20, terá lugar esta competición no Comedor Vermello.    Esta actividade vai dirixida a todos os alumnos de PRIMARIA e SECUNDARIA, que estarán divididos en 4 categorías:    • 1º, 2º e 3º de Primaria.  • 4º, 5º e 6º de Primaria.  • 1º e 2º da ESO.  • 3º e 4º da ESO.    A inscrición realizarase cumprimentando o seguinte formulario:     https://docs.google.com/…/1FAIpQLSdtFL8EyWz6WakJfP…/viewform     Despois recibiredes un correo de confirmación.  O número máximo de participantes será de 50. Ao ser un número limitado, as prazas iranse cubrindo a medida que se vaian recibindo as solicitudes.  Entregaranse trofeos aos dous primeiros clasificados de cada categoría e unha medalla a todos os parti...

CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS

Imaxe
CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS Andrés González,o noso intérprete de lingua de signos favorito, volve, un ano máis, a contar uns contos fantásticos a todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.  Este ano vén da man de Acopros (Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo).  A actividade desenvolverase en horario lectivo.  Esperámosvos con moitísimas ganas os días 26 e 27 de novembro!!!