Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2018

TORNEO NADAL DE XADREZ COLEXIO ESCLAVAS

Imaxe
Coincidindo coa celebración recente de dous importantes eventos relacionados co mundo do Xadrez como o « Campeonato del Mundo Individual de Jóvenes Santiago 2018 » +info1 , +info2 , e o « Mundial de Ajedrez » entre Carlsen y Caruana, +info3 ,  a nosa AMPA en colaboración co: CLUB DEPORTIVO AUTÉNTICO http://deporcultura.eu/ ; o CONCELLO de A CORUÑA, http://www.coruna.gal/ ; y nuestro COLEGIO, http://acoruna.esclavasscj.com/ , pondrá en marcha un « TORNEO DE NADAL DE XADREZ COLEXIO ESCLAVAS » gratuito para nuestros hijos. Será nas instalacións do Centro, o vindeiro mércores 5 de decembro, de 17:20 a 19:20 horas. O xogo do xadrez desenvolve a concentración, a atención, fortalece a memoria, o cálculo e a visión espacial, á vez que favorecen outras capacidades intelectuais e sociais. Por estes motivos desde a AMPA cremos que todas estas calidades benefician aos nosos fillos e con esta iniciativa tentamos que se poñan en práctica. Esta competición, está dirixida a todos os...

VOTACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Imaxe
Simplemente lembrarvos que hoxe terá lugar a votación para que os pais e nais do noso Colexio fagamos efectivo o noso dereito e responsabilidade de elixir ao que será o noso representante do CONSELLO ESCOLAR do noso centro.    Esta información xa se nos fixo chegar en varias ocasións por correo por parte do Colexio.    Será hoxe mércores 28 de novembro en horario de 15:35 a 17:30 na mesa habilitada no recibidor do Colexio.  Xa sabedes que o CONSELLO ESCOLAR é a institución colexiada cuxas funcións se estenden ao importante labor de control da xestión do centro escolar.

ELECCIÓNS NA FAPA

Imaxe
Facémosvos chegar a convocatoria de Asemblea Xeral (Ordinaria e Extraordinaria) da Federación Provincial de Asociacións Pais Alumnos Colexios Privados e Concertados A Coruña ( FAPA ):  https://fapacoruna.com . Celebrarase o luns 26 de novembro ás 20:30 en segunda convocatoria [documento: CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA nov.2018.pdf ] ena súa sede, na Avenida de Chile, 7 baixo [ligazón google maps: https://goo.gl/maps/PUcPKM2qYyn ]. Esta é unha da organizacións á que esta AMPA pertence, e na que pais e nais deste Colexio sempre participaron activamente, de feito, como sabedes, o Presidente ata este ano, era Jorge Arangüena Sande, membro do AMPA do noso centro. Un dos puntos da orde do día é precisamente a elección e nomeamento dos cargos para a Xunta Directiva desta Federación.   Esperamos que os resultados desta elección sirvan para contribuír ao reforzamento dos obxectivos da mesma, que vos lembramos son: https://fapacoruna.com/ideario-...

RESULTADO ELECCIÓNS XUNTA DIRECTIVA APA

Imaxe
Como xa se indicou, o 28/10/2018 finalizou o prazo de presentación de candidatos. Como se recibiron un total de 8 candidaturas e as prazas vacantes eran 10 , non será necesario acudir mañá 6/11/2018 ás urnas. NON HABERÁ ELECCIÓNS o 6/11/2018 LISTA DEFINITIVA DE CANDIDATOS  María Arochena Romero Esther Barba Álvarez Eduardo Caridad Yáñez María García Trincado Ignacio Louro Ojea María Mozo López Natuska Naylor García Miguel Ángel Valiña Blanco Durante a Asemblea Xeral que terá lugar o vindeiro mércores 7 de novembro proclamarase a elección dos devanditos candidatos e tras celebrar a primeira reunión constituirase a Xunta Directiva da APA para o curso 2018-19.  Desde aquí gustaríanos agradecer o gran labor realizado polos nosos compañeiros María Isabel (Maribel) Vera Domínguez e Jorge Arangüena Sande durante estes últimos anos na Xunta Directiva da Asociación. MOITAS GRAZAS!  O presente e o futuro da APA é o resultado do esforzo e traballo de ...