Amosando publicacións coa etiqueta proxecto subvencionadodeputación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto subvencionadodeputación. Amosar todas as publicacións

INFANTIL na GRANXA COVENTINA


Queremos compartirvos, dende a nosa ANPA, a experiencia que brindamos ao alumnado de 4º e 5º curso de infantil da nosa comunidade educativa, grazas á subvención da Deputación da Coruña. Participamos na organización dunha excursión á Granxa Coventina, sita en Taramuxo, Carral (A Coruña), onde os nosos pequenos puideron mergullarse nun mundo de aprendizaxe e diversión en contacto coa natureza.

Dende o momento en que chegaron, víronse rostros radiantes e os ollos cheos de asombro dos nenos, evidencia clara da maxia que se lles aveciñaba. Explorar os campos, aprender sobre a vida rural e participar en actividades interactivas proporcionoulles unha experiencia única, que contribuíu ao seu desenvolvemento personal e educativo.

Máis alá do mero entretemento, destacamos a importancia de fomentar o respecto polo medio ambiente e a conexión co entorno natural. Esta excursión non só foi un momento de diversión, senon tamén unha lección de coidado e aprecio pola natureza.

Estamos profundamente agradecidos á Deputación pola súa colaboración e apoio nesta iniciativa, así como a todos o membros da nosa ANPA, en especial aos que traballaron arreo para facer realidade esta experiencia inolvidable. Sen dúbida, este día na Granxa Coventina deixou unha pegada imborrable nos corazóns e mentes deste cursos de infantil, e reforzou a nosa determinación de seguir ofrecéndolles oportunidades enriquecedoras no futuro.









ACTIVIDADE SUBVENCIONADA 



AULA MULTISENSORIAL

En Idade Infantil seguen a traballar e a estimular os seus sentidos: 





PROXECTO SUBVENCIONADO



Mundo activo de Samaín

Canto disfrutamos hoxe! TERRORÍFICO!!!

 



O Tuff tray recheo con arroz pintado de laranxa para transferir. Engadimos arañas artificiais que se “esconden” baixo o arroz. Que medo!

 

PROXECTO SUBVENCIONADO


 

 


Minimundo otoñal

Na bañeira de luz, hai diferentes materiais naturais que asociamos co outono: cortiza, follas, piñas e castañas.



 

PROXECTO SUBVENCIONADO




 

 


AULA MULTISENSORIAL

Canto disfrutamos coas actividades na aula multisensorial!





PROXECTO SUBVENCIONADO



APRENDENDO COS SENTIDOS: CREACIÓN DUN AULA MULTISENSORIAL


 

Este ano a AMPA colaborará co colexio para lanzar o proxecto "Aprendendo cos sentidos: Creación dun aula multisensorial"

Actividades que se van desenvolver

  • Creación dun aula multisensorial para o alumnado de Educación Infantil. 
  • Dotación de recursos para realizar actividades de estimulación sensorial co alumnado e coas familias.
  • Sesións semanais de 2 horas de duración na nova aula multisensorial cos 6 grupos de educación infantil.
  • Sesión semanais de 1 hora de duración na nova aula multisensorial co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 

Obxectivos:

  • Estimular o coñecemento a través de todos os sentidos nun mundo no que predominan os estímulos visuais. 
  • Fomentar unha aprendizaxe multisensorial no que o alumnado saiba integrar a información recibida a través de todos os sentidos e transformarla nun coñecemento máis amplo e completo da realidade. 
  • Atender as diferentes formas de aprendizaxe do alumnado: kinestésico, visual, táctil, auditivo... 
  • Acompañar as diferentes realidades de cada alumno para acceder ao aprendizaxe: alumnado con NEAE, TEA... 
  • Desenvolver a competencia artística do alumnado facilitando experiencias multisensoriais como primeira expresión artística. 
  • Realización de obradoiros coas familias. 
  • Difusión das actividades realizadas co obxectivo de concienciar sobre a importancia dunha educación multisensorial

Este proxecto está dirixido a:

  •  Alumnado EI. 
  • Alumnado con NEAE. 
  • Familias.

Para a realización deste proxecto pedimos unha subvención á Deputación da Coruña.


 

 

 

 


21 DÍAS CO GALEGO E MÁIS


 

 Día 9, o CPR Plurilingüe Esclavas A Coruña preséntanos o seu proxecto En galegas, coñecemos a mulleres referentes, visitamos o Álbum de mulleres e no Dígocho eu! vemos como as cousas se poden estudar doutra maneira diferente á de sempre.

https://blogs.xunta.gal/21diascogalegoemais/2022/02/09


 

 

 

GALICIA POR DIANTE

 


Saímos no programa Galicia por Diante da RTVG co noso proxecto en galegas! 😍

VIDEO PROXECTO 21 DÍAS CO GALEGO E+

 


En galegas! Este é o noso vídeo de presentación do proxecto 21 días co galego e+ Esperamos que vos guste moito! Está feito polos nosos alumnos de bacharelato da produtora PALE.

 

vídeo 


 

 

PUBLICACIÓNS

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025-2026

  Convocatoria da ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA ANPA 2025 . Día: xoves, 4 de decembro de 2025 . Hora: 18:00 horas en primeira convocatoria, 18:...