Amosando publicacións coa etiqueta patrocinio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta patrocinio. Amosar todas as publicacións

GRADUACIÓN - PROMOCION 2006

 



Parabéns aos nosos graduados!

O día de onte foi moi emocionante e significativo, marcou o fin dunha etapa e o comenzo dunha nova aventura. Queremos comenzar esta entrada no blogue manifestando o orgullosos que, dende a ANPA, estamos por cada un de vós e de todo o esforzo e dedicación que puxestedes para chegar ata aquí. Esperamos que a graduación fose o comenzo dun camiño cheo de éxitos e realizacións. Parabéns por este gran paso e que o futuro vos sorría sempre con infinitas oportunidades e felicidade. 

Queremos destacar o papel que tivemos nós como ANPA neste evento. O noso compañeiro e secretario, David León, desempeñou un papel destacado, sendo o encargado este ano de colocar as bandas distintivas nos graduados, subvencionadas por a nosa asociación. Ademáis, a ANPA colaborou activamente na organización do evento, patrocinando e coordinando o picoteo posterior que tivo lugar no comedor do noso colexio, onde as familias poidéchedes compartir momentos de celebración e confraternización.

O compromiso e a colaboración da ANPA foron clave para o éxito do evento, e desexamos que todas as familias e graduados disfrutaran dun día inesquecible e cheo de emoción.

 




FESTAS SANTA RAFAELA MARÍA

 



Neste artigo, queremos destacar o noso compromiso coas Festas de Santa Rafaela María, celebradas no noso colexio o pasado 11 de Maio, co que destinamos o 5% do noso orzamento para patrocinar este evento tan especial.

As festas foron un día cheo de diversión e actividades para todos os gustos e idades. Dende deportes ata inchables, algodón doce, concertos e mesmo no teatro houbo actuacións representadas polos nosos estudantes. Non faltou a tradicional tómbola nin a emocionante festa da espuma. E para poñerlle o broche final, realizouse un sorteo de premios que encheu de emoción a todos os participantes.







Por suposto, tampouco faltou a comida. Unha variedade de pratos deliciosos que deleitaron ás familias e lles peritiu desfrutar ao máximo desta gran celebración.

Estamos orgullosos de poder contribuir ao éxito das Festas da nosa patrona e esperamos seguir apoiando este tipo de iniciativas no futuro. Grazas a todos os que fixeron posible este marabilloso evento!


Festa da Espuma






PUBLICACIÓNS

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025-2026

  Convocatoria da ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA ANPA 2025 . Día: xoves, 4 de decembro de 2025 . Hora: 18:00 horas en primeira convocatoria, 18:...