FESTAS SANTA RAFAELA MARÍA

 



Neste artigo, queremos destacar o noso compromiso coas Festas de Santa Rafaela María, celebradas no noso colexio o pasado 11 de Maio, co que destinamos o 5% do noso orzamento para patrocinar este evento tan especial.

As festas foron un día cheo de diversión e actividades para todos os gustos e idades. Dende deportes ata inchables, algodón doce, concertos e mesmo no teatro houbo actuacións representadas polos nosos estudantes. Non faltou a tradicional tómbola nin a emocionante festa da espuma. E para poñerlle o broche final, realizouse un sorteo de premios que encheu de emoción a todos os participantes.







Por suposto, tampouco faltou a comida. Unha variedade de pratos deliciosos que deleitaron ás familias e lles peritiu desfrutar ao máximo desta gran celebración.

Estamos orgullosos de poder contribuir ao éxito das Festas da nosa patrona e esperamos seguir apoiando este tipo de iniciativas no futuro. Grazas a todos os que fixeron posible este marabilloso evento!


Festa da Espuma