Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta natureza. Amosar todas as publicacións

INFANTIL no Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso en A Laracha

 




Onte, 14 de Maio, o alumnado de Infantil desfrutou dun día en plena natureza no Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso, na parroquia larachesa de Erboedo. Foi unha xornada enriquecedora na que poideron participar en diversas actividades lúdico-deportivas, ubicado nun entorno natural privilexiado, a pouca distancia do nacemento do río Anllóns, dentro da Costa da Morte.

Durante a visita, disfrutaron da experiencia "Un día na granxa", onde os rapaces tiveron a oportunidade de interactuar cos animais; realizar rutas en poneis; coñecer o picadero onde se adestran os cabalos; visitar o corral para aprender máis sobre o coidado dos galos e galiñas e coñeder de primeira man a súa alimentación, así como observar a fauna e a flora do lugar dende o estanque. Ademáis, tiveron actividades ao aire libre, aprenderon algo de horta e disfrutaron de algún obradoiro creativo e outros xogos.




Estamos moi contentos de poder ofrecer aos nosos pequenos esta experiencia única, que lles permitiu conectar co medio ambiente e enriquecer o desenvolvemento cognitivo, físico, emocional, social e ocupacional de maneira divertida.

Agradecemos ao Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso pola súa hospitalidade e por permitirnos pasar un día inesquecible rodeados de natureza e cabalos.



Dende a ANPA esperamos que as familias estean satisfeitas coas saídas e actividades deste tipo.

O custo para non abonados foi de 26,50 euros.


VISITA PARQUE EÓLICO SOTAVENTO

Concienciando. Enerxías renovables e sustentabilidade.
Impacto ambiental? Que papel toma a humanidade na natureza? Como se xera a enerxía que consumimos? Aprender é cuestionarse e vivir de primeira man. E iso é o que buscamos de forma constante para os nosos alumnos
5º de Primaria visitou o parque eólico de Sotavento, unha experiencia estupenda na que seguro aprenderon moito. 🌬🌪🌪

 









 

 

 

 

HORTO ECOLÓXICO


 

Irene Romero de 2ºA é a gañadora da cesta de produtos do noso horto, ecolóxicos e de proximidade sorteados na iniciativa do ODS de 2° "Fame 0 

Parabén!

 

HORTO ECOLÓXICO - COMPOST

 



Esta semana celébrase a semana Internacional do compost 2021. 
 
Nace coa idea de informar e promover o uso do compost facendo fincapé nos seus beneficios. 
 
Na aula de 6° de infantil adquirimos este compromiso desde o ODS que eliximos (Produción e consumo responsable). 
 
Levamos varias semanas facendo compost coas mondas das froitas que tomamos no recreo e logo ímolo a usar na horta do colexio que estamos a coidar. 
 
Todo isto ten moito que ver co lema deste ano da semana internacional do compost: Crecer, comer, compost, repetir. 
 
A experiencia estar a ser moi boa e os nenos están a involucrarse moito e dando conta de que o que comen, ten unha nova vida se o compostamos. 
 


HORTO ECOLÓXICO


Estes días comenzamos a preparar unha mini horta non colexio

Estamos desexando ver a evolución de todo o que plantaron! 








 

 

 

HORTO ECOLÓXICO - RIFAS

En 2° de Primaria estamos a traballar o ODS n°2: "Fame 0". 

Sorteamos unha cesta con produtos do noso horto e outros de agricultura ecolóxica e de proximidade. Ademais das familias de 2°, se hai alguén interesado no sorteo, as rifas "cómpranse" achegando alimentos que logo doaremos ao Banco de Alimentos Rías Altas.




 

PUBLICACIÓNS

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025-2026

  Convocatoria da ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA ANPA 2025 . Día: xoves, 4 de decembro de 2025 . Hora: 18:00 horas en primeira convocatoria, 18:...