En Idade Infantil seguen a traballar e a estimular os seus sentidos:
PROXECTO SUBVENCIONADO
Páxina Web / Blog da ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO (ANPA) do COLEXIO ESCLAVAS DEL SAGRADO CORAZÓN de A Coruña
Canto disfrutamos hoxe! TERRORÍFICO!!!
O Tuff tray recheo con arroz pintado de laranxa para transferir. Engadimos arañas artificiais que se “esconden” baixo o arroz. Que medo!
PROXECTO SUBVENCIONADO
Na bañeira de luz, hai diferentes materiais naturais que asociamos co outono: cortiza, follas, piñas e castañas.
PROXECTO SUBVENCIONADO
Este ano a AMPA colaborará co colexio para lanzar o proxecto "Aprendendo cos sentidos: Creación dun aula multisensorial"
Actividades que se van desenvolver
Obxectivos:
Este proxecto está dirixido a:
Para a realización deste proxecto pedimos unha subvención á Deputación da Coruña.
O proxecto En Galegas, subvencionado pola Deputación da Coruña, e realizado no curso pasado dende marzo a xuño 2021, é a suma das seguintes actividades:
· Realización de entrevistas no estudo de radio a mulleres galegas relevantes.
· Difusión dos podcast a través de diferentes medios e redes sociais.
· Elaboración de sesións tutoriais e fichas de traballo empregando as entrevistas como punto de partida
co fin de facer chegar aos xoves figuras femininas de éxito no noso entorno como referente.
· Elaboración dun booktrailer con todo o material do Proxecto.
o Fomentar o uso normalizado da lingua galega en todos os ámbitos.
o Ofrecer referentes femininos representantes da nosa cultura.
o Dar a coñecer figuras de importancia cultural en Galicia e as súas obras ao noso alumnado.
o Elaborar un banco de información onde poder atopar elementos de partida para desenvolver
actividades adaptadas ás diferentes idades que xiren en torno aos obxectivos xerais do proxecto.
o Preparar as entrevistas, seleccionando información relevante sobre as entrevistadas e dándolles a todas elas un estilo común.
o Realizar entrevistas e saber chegar á conversa e a información necesaria para o proxecto.
o Desenvolver destrezas no uso do estudio de radio e edición.
Á procura de referentes galegofalantes, tema de preocupación do EDL dende hai tempo, sumouse a intención de poder ofrecer ao noso alumnado o coñecemento e interese por figuras femininas nos ámbitos científico e cultural. Mulleres que conseguisen os seus obxectivos en calquera profesión que escollesen, que loitasen por chegar onde están superando prexuízos.
A elección de Xela Arias como homenaxeada nas Letras Galegas, impulsou a idea de unir as dúas propostas neste proxecto. Algunhas das mulleres participantes foron: Fina Casalderrey, Yolanda Castaño, Ledicia Costas, Andrea Maceiras, Montse Pena Presas, Charo Baleirón… todas elas referentes, sen dúbida, da nosa cultura na actualidade.
Vista a nosa web para ver o contido do proxecto "En galegas!" Hoxe con máis razón sendo o día das Letras galegas, seguro que atopas moito sobre Xela Arias.
Moito traballo, moita radio e moito amor pola nosa lingua.
https://acoruna.esclavasscj.com/noticias/en-galegas
Este mércores estivo con nós, no proxecto “ En galegas”, Charo Baleirón, coordinadora de innovación pedagóxica de Escolas Católicas de Galicia. Moitas grazas!
Convocatoria da ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA ANPA 2025 . Día: xoves, 4 de decembro de 2025 . Hora: 18:00 horas en primeira convocatoria, 18:...