A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedeunos unha subvención para levar a cabo un proxecto que fomenta a igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Dende a AMPA do CPR ESCLAVAS DA CORUÑA cremos que debemos
sensibilizar e involucrar ás familias na promoción dos valores de
corresponsabilidade dunha distribución de tarefas domésticas e de coidado sen
condicionamentos de xénero.
Cremos que, combinando esforzo e traballo, dende todos os elementos da
comunidade educativa, debemos promover programas de formación,
sensibilización, información para a erradicación de todas as formas de violencia
contra as nenas, as mulleres novas e as mulleres.
A nosa proposta abarca diferentes actividades adaptadas a diferentes niveis
educativos, así como a profesores e familias.
Consideramos que é fundamental formar ás familias en todos os aspectos
relacionados coa IGUALDADE DE XÉNERO e a PREVENCIÓN DA
VIOLENCIA DE XÉNERO, para que poidan complementar, dende casa, a
formación que reciben os seus fillos e fillas na escola.
ACTIVIDADES A REALIZAR
E.I. e 1º e 2º EP
Sesións de contacontos cun tema relacionado coa igualdade e a loita contra os
estereotipos. Deste xeito lúdico,
os nenos e as nenas terán un enfoque sobre o tema da igualdade e a prevención da
violencia de xénero.
3º, 4º, 5º e 6º de E.P.
Obradoiros prácticos sobre igualdade e
prevención da violencia de xénero, loitar contra os estereotipos, romper contra
o micro-machismo e a obxectivación do corpo de mulleres e nenas.
1º, 2º, 3º e 4º de ESO e Bacharelato
Sesións de obradoiros na aula cun fundamento teórico nun principio, pero
fundamentalmente práctico. Tratando a igualdade de xénero, a prevención
da violencia de xénero.
PROFESORADO
A nosa proposta é impartir unha xornada de formación con varios especialistas
na materia, na que despois de dar a súa charla desenvólvase unha rolda de
preguntas, dúbidas, suxestións,...
FAMILIAS
Especialistas en Igualdade de xénero que ofrecerán ás familias
unhas charlas nas que a transparencia e a accesibilidade aos diferentes temas
farán que estas sesións sexan moi interesantes e revelarán as familias do alumnado moitos aspectos posiblemente descoñecidos ou que xeren dúbidas
que se poidan resolver nestas charlas-obradoiros.
GRAFFITTI
Como peche de todas estas actividades gustaríanos facer unha pintada nunha
parede do centro co tema da igualdade.
GRAVACIÓN AUDIOVISUAL
Propoñemos unha gravación audiovisual destas actividades.
Proxexto subvencionado por: