INFANTIL na GRANXA COVENTINA


Queremos compartirvos, dende a nosa ANPA, a experiencia que brindamos ao alumnado de 4º e 5º curso de infantil da nosa comunidade educativa, grazas á subvención da Deputación da Coruña. Participamos na organización dunha excursión á Granxa Coventina, sita en Taramuxo, Carral (A Coruña), onde os nosos pequenos puideron mergullarse nun mundo de aprendizaxe e diversión en contacto coa natureza.

Dende o momento en que chegaron, víronse rostros radiantes e os ollos cheos de asombro dos nenos, evidencia clara da maxia que se lles aveciñaba. Explorar os campos, aprender sobre a vida rural e participar en actividades interactivas proporcionoulles unha experiencia única, que contribuíu ao seu desenvolvemento personal e educativo.

Máis alá do mero entretemento, destacamos a importancia de fomentar o respecto polo medio ambiente e a conexión co entorno natural. Esta excursión non só foi un momento de diversión, senon tamén unha lección de coidado e aprecio pola natureza.

Estamos profundamente agradecidos á Deputación pola súa colaboración e apoio nesta iniciativa, así como a todos o membros da nosa ANPA, en especial aos que traballaron arreo para facer realidade esta experiencia inolvidable. Sen dúbida, este día na Granxa Coventina deixou unha pegada imborrable nos corazóns e mentes deste cursos de infantil, e reforzou a nosa determinación de seguir ofrecéndolles oportunidades enriquecedoras no futuro.









ACTIVIDADE SUBVENCIONADA