Publicacións

PUBLICACIÓNS

MERCADILLO DE UNIFORMES (3ª edición)

Imaxe
3ª edición do Mercadillo de uniformes da ANPA post >  https://apacolegioesclavascoruna.blogspot.com/2024/12/a1.html [ ACTUALIZADO 16.12.2024 12:22 ]  O xoves 19 de decembro de 2024 celébrase a 3ª edición do " Mercadillo de uniformes " que con tanta  ilusión e convencemento organizamos dende a ANPA. Terá lugar no " Patio dos peces " do Colexio cando finalice a Eucaristía (*)  prevista para ese día.  É a terceira vez que se fai este mercadillo, a primeira neste Curso 2024-2025. As dúas anteriores foron no Curso 2023-2024, o 23.10.2023 , e o 06.02.2024, cando foi a primeira vez que se fíxo realidade algo que se estaba madurando dende fai tempo. Neste mercadillo, o que facemos, é dar a posibilidade as familias de mercar a uns prezos solidarios, prendas do uniforme de segunda man, en bo estado, que xenerosamente teñen doado outras familias que xa non as necesitan. Agradecemos enormemente o xesto das familias que nos doan estas prendas para que poidamos darlle...

FELICITACIÓN DE NAVIDAD

Imaxe
Feliz Nadal! Aproveitamos esta felicitación de Nadal que está a chegar as nosas casas para enviar os nosos mellores desexos para este Nadal. Esta felicitación, dende fai anos, envíase dende o Colexio co financiamento da nosa ANPA. Tanto eles como nos, felicitamos conxuntamente o Nadal a todas as familias.  Maila que utilicemos formatos dixitais, consideramos que é unha bonita tradición o envío dunha postal física aos nosos fogares que figuren coas outras que nos teñen chegado, para colgar na árbore, etc.  Programación de Nadal   Na parte de atrás da postal, aparece o que é o programa de celebración do Nadal: As actividades previstas son: Xoves 12 de decembro, coa actividade de solidariedade " AGARIMO ". O contido d esta actividade xa foi comunicada na  PLATAFORMA EDUCAMOS , n o apartado de Circulares co título (Asunto): " AGARIMO " publicada (Data publicación) o 09/12/2024 .  Xoves 19 de decembro, pola mañá de 09:00 a 12:40  o alumnado celebrará o tr...

ELECCIÓNS VACANTES XUNTA DIRECTIVA PARA O CURSO 2024-2025. FASE 5 > RESULTADOS DAS VOTACIÓNS

Imaxe
Información sobre as eleccións das vacantes para a Xunta Directiva da nosa ANPA para o curso 2024-2025. Fase 5, Resultado da votación. A mesa electoral elabora e eiquí publicamos a " Acta " co resultado da votación do martes 10.12.2024 onde se da a coñecer os votos que obtiveron cada una das 9 persoas candidatas.  As persoas, ordeadas por número de votos, e en caso de empate, por orden alfabético, foron: David León Iglesias.  Ana María Meizoso Castro. Manuel Xavier Antelo Romero.  Enrique José Gómez Fernández. Sara Rodríguez Blanco. Purificación Couso Primo.  María Victoria Fernández Álvarez (Coco). Isabel Rodríguez Boquete. Ilse Gagliardi Izaga. O número de vacantes é de 7, polo que despois da proclamación na  Asamblea Xeral Ordinaria do mércores 11.12.2024, as sete persoas con mais votos pasarán a formar parte da Xunta Directiva desta Asociación para o Curso 2024-2025, durante un periodo de dous anos.  📄 doc > Acta de escrutinio.pdf 👏 Agradecemos a ...

ELECCIÓNS VACANTES XUNTA DIRECTIVA PARA O CURSO 2024-2025. FASE 4 > PRESENTACIÓN DAS PERSOAS CANDIDATAS

Imaxe
Información sobre as eleccións das vacantes para a Xunta Directiva da nosa ANPA para o curso 2024-2025. Fase 4, Presentación das Persoas Candidatas. Para facilitar a elección por parte das persoas asociadas a nosa AMPA das 7 vacantes para a Xunta Directiva o martes 10.12.2023 mediante papeleta en furna, de forma persencial, nalgún dos tres turnos de votación habilitados, de entre as 9 persoas candidatas, recóllese a información achegada por eles e elas nun documento conxunto a modo de presentación das súas candidaturas.  Este documento está dispoñible na  PLATAFORMA EDUCAMOS . No apartado de Circulares co título (Asunto): " PRESENTACIÓN DE LOS CANDIDATOS PARA LAS ELECCIONES DE LA AMPA " publicada (Data publicación) o 07.12.2024. Contén 2  páxinas.  A primeira páxina, son unhas notas a modo de lembranza dalguns aspectos do proceso de elección do que xa se informaba no documento  ELECCIONES 2024.pdf   que estaba na C ircular enviada o 18.11.2024 na...

ELECCIÓNS VACANTES XUNTA DIRECTIVA PARA O CURSO 2024-2025. FASE 3 > LISTA DEFINITIVA DE CANDIDATOS

Imaxe
  Información sobre as elección das vacantes para a Xunta Directiva da nosa ANPA para o curso 2024-2025. Fase 3, Listado definitivo de candidatos De acordo á normativa electoral, recollida no documento  ELECCIONES 2024 , o 02/12/2024, unha vez finalizado o prazo para a presentación de alegacións (o 29/12/2024 as 20 horas) e avaliadas pola Mesa electoral, publícase o " LISTADO DEFINITIVO DE CANDIDATOS ". 📄  doc >  Listado definitivo de candidatos a la JD AMPA 2024-2025.pdf Esta comunicación figura tamén na Circular enviada (Data publicación) o 02/12/2024 na  PLATAFORMA EDUCAMOS  co título (Asunto) " LISTADO DEFINITIVO CANDIDATOS ELECCIONES AMPA ". Neste proceso electoral, o seguinte paso é elixir de entre as 9 persoas candidatas que figuran no listado definitivo, as 7 persoas que cubrirán as prazas que estaban vacantes.  Este proceso de selección o farán as persoas asociadas o vindeiro martes 10 de decembro , nunha elección en furna, con dúas posi...

ELECCIÓNS VACANTES XUNTA DIRECTIVA PARA O CURSO 2024-2025. FASE 2 > LISTA PROVISIONAL DE CANDIDATOS

Imaxe
Información sobre as elección das vacantes para a Xunta Directiva da nosa ANPA para o curso 2024-2025. Fase 2, Listado provisional de candidatos De acordo á normativa electoral, recollida no documento  ELECCIONES 2024 , o 28/11/2024 publícase o " LISTADO PROVISIONAL DE CANDIDATOS ". 📄 doc >  Listado provisional de candidatos a la JD AMPA 2024-2025.pdf Esta comunicación figura tamén na Circular enviada (Data publicación) o 28/11/2024 na  PLATAFORMA EDUCAMOS  co título (Asunto) " LISTADO PROVISIONAL CANDIDATOS ELECCIONES AMPA ". 💬 Referencias post relacionado >  Información sobre as elección das vacantes para a Xunta Directiva da nosa ANPA para o curso 2024-2025. Fase 1, Convocatoria de eleccións link > Publicada en Facebook ___ ___ ___ ___ ___ ___ ___ _ correo-e:  apacolegioesclavascoruna@gmail.com www:  https://apacolegioesclavascoruna.blogspot.com.es Facebook:  https://facebook.com/apacolegioesclavascoruna Instagram:  https://www....

ELECCIÓNS VACANTES XUNTA DIRECTIVA PARA O CURSO 2024-2025. FASE 1 > CONVOCATORIA

Imaxe
Información sobre as elección das vacantes para a Xunta Directiva da nosa ANPA para o curso 2024-2025. Fase 1, Convocatoria de eleccións. O 18/11/2024 iníciase o proceso de renovación das persoas integrantes coa " CONVOCATORIA DE ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA PARA O CURSO 2024-2025 ". 📄 doc >  ELECCIONES 2024.pdf Esta convocatoria figura tamén na Circular enviada (Data publicación) o 18/11/2024 na  PLATAFORMA EDUCAMOS  co título (Asunto) " CONVOCATORIA ASAMBLEA GENERAL Y ELECCIONES 2024 ". A estrutura e composición é a que se establece na "Sección 2a. De la Junta Directiva", que recolle os artigos de 19 a 30 dos  ESTATUTOS  DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS "ESCLAVAS DEL SAGRADO CORAZÓN ", na cidade de A Coruña. Detalle da convocatoria O contido do documento amosa tres bloques de información: Comunicado do nomeamento da ( 1 )  Mesa electoral que xestionará o proceso dende a Convocatoria ata a Proclamación definitva dos candidatos. Comuni...

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2024-2025

Imaxe
Convocatoria da Asamblea Xeral Ordinaria para o Curso 2024-2025. 1- ANUNCIO DA CONVOCATORIA Publícase de acordo ao artigo 14 dos  Estatutos  desta Asociación a " CONVOCATORIA ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA AMPA 2024 " de socios que se celebrará no Salón de Actos do Colexio o mércoles 11/12/2024 as 18:30 horas en primeira convocatoria, e as 19:00 hora en segunda convocatoria co seguinte Orde do día :  Lectura e aprobación, se procede, da Acta correspondente á Asamblea Xeral Ordinaria celebrada o 8 de novembro de 2023 . Lectura e aprobación, se procede, das contas correspondentes ao curso 2023-2024 e lectura da Memoria de Actividades desenvolidas durante o curso 2023-2024 . Lectura y aprobación, se procede, do Orzamento e Programa de Actividades correspondente ao curso 2024-2025 . Proclamación das persoas candidatas elexidas para 7 puestos vacantes como integrante da Xunta Directiva tras a celebración das eleccións. Rogos e...

COMEDOR EN FAMILIAS 2023/2024: repetimos éxito!

Imaxe
  Dende a ANPA queremos agradecer ás 31 familias que participaron na enquisa do comedor escolar deste curso 2023/24. A vosa colaboración é esencial para mellorar e garantir un servizo de calidade, adaptado ás necesidades e preferencias dos nosos nenos e nenas. Estamos encantados de compartir qeu os resultados da enquista foron moi similares aos do curso pasado: foron moi satisfactorios! En todos os aspectos avaliados, o comedor obtivo valoracións moi positivas, o que reflicte o bo traballo realizado polo equipo encargado e a confianza das familias no servicio. Dende a calidade da alimentación ata a atención e coidado do personal, os resultados demostraron que o comedor segue a ser un espazo seguro e de aprendizaxe para os nosos  pequenos. Este éxito tamén é froito dda vosa implicación, das vosas suxestións e da cooperación coa AMPA e o centro educativo no programa "Familias en el Comedor". Seguiremos traballando xuntos para manter e mellorar o servizo nos próximos cursos. Gra...

Arranca a segunda EDICIÓN PROXECTO "ANFITRIÓNS POR UN DIA" 2024

Imaxe
  Estamos encantados de anunciarvos que volve a segunda edición de Anfitrións por un día! Esta iniciativa busca achegar aos nosos estudiantes de secundaria ao mundo laboral, permitíndolles pasar un día con profesionais de diferentes campos. Os estudantes terán a oportunidade única de aprender de primeira man sobre diversas profesións, as súas responsabilidades e desafíos. Animamos a todas as familias a participar neste proxecto para compartir as súas experiencias profesionais e axudar a inspirar á nosa próxima xeración! Xuntos podemos ofrecer aos nosos mozos unha visión máis ampla e enriquecedora das posibilidades profesionais que lles esperan. Unídevos a nós e formade parte desta experiencia que cambiará vidas! Velaquí o  Formulario

GRADUACIÓN - PROMOCION 2006

Imaxe
  Parabéns aos nosos graduados! O día de onte foi moi emocionante e significativo, marcou o fin dunha etapa e o comenzo dunha nova aventura. Queremos comenzar esta entrada no blogue manifestando o orgullosos que, dende a ANPA, estamos por cada un de vós e de todo o esforzo e dedicación que puxestedes para chegar ata aquí. Esperamos que a graduación fose o comenzo dun camiño cheo de éxitos e realizacións. Parabéns por este gran paso e que o futuro vos sorría sempre con infinitas oportunidades e felicidade.  Queremos destacar o papel que tivemos nós como ANPA neste evento. O noso compañeiro e secretario, David León, desempeñou un papel destacado, sendo o encargado este ano de colocar as bandas distintivas nos graduados, subvencionadas por a nosa asociación. Ademáis, a ANPA colaborou activamente na organización do evento, patrocinando e coordinando o picoteo posterior que tivo lugar no comedor do noso colexio, onde as familias poidéchedes compartir momentos de celebración e confr...

INFANTIL no Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso en A Laracha

Imaxe
  Onte, 14 de Maio, o alumnado de Infantil desfrutou dun día en plena natureza no Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso, na parroquia larachesa de Erboedo. Foi unha xornada enriquecedora na que poideron participar en diversas actividades lúdico-deportivas, ubicado nun entorno natural privilexiado, a pouca distancia do nacemento do río Anllóns, dentro da Costa da Morte. Durante a visita, disfrutaron da experiencia  "Un día na granxa" , onde os rapaces tiveron a oportunidade de interactuar cos animais; realizar rutas en poneis; coñecer o picadero onde se adestran os cabalos; visitar o corral para aprender máis sobre o coidado dos galos e galiñas e coñeder de primeira man a súa alimentación, así como observar a fauna e a flora do lugar dende o estanque. Ademáis, tiveron actividades ao aire libre, aprenderon algo de horta e disfrutaron de algún obradoiro creativo e outros xogos. Estamos moi contentos de poder ofrecer aos nosos pequenos esta experiencia única, que lles permitiu con...

FESTAS SANTA RAFAELA MARÍA

Imaxe
  Neste artigo, queremos destacar o noso compromiso coas Festas de Santa Rafaela María, celebradas no noso colexio o pasado 11 de Maio, co que  destinamos o 5% do noso orzamento para patrocinar este evento tan especial . As festas foron un día cheo de diversión e actividades para todos os gustos e idades. Dende deportes ata inchables, algodón doce, concertos e mesmo no teatro houbo actuacións representadas polos nosos estudantes. Non faltou a tradicional tómbola nin a emocionante festa da espuma. E para poñerlle o broche final, realizouse un sorteo de premios que encheu de emoción a todos os participantes. Por suposto, tampouco faltou a comida. Unha variedade de pratos deliciosos que deleitaron ás familias e lles peritiu desfrutar ao máximo desta gran celebración. Estamos orgullosos de poder contribuir ao éxito das Festas da nosa patrona e esperamos seguir apoiando este tipo de iniciativas no futuro. Grazas a todos os que fixeron posible este marabilloso evento! Festa da Espum...

Novo obradoiro: Acompañando á Adolescencia

Imaxe
Cando falamos da adolescencia, as familias trememos. Esta etapa tan crucial na vida de cada persoa ás veces convértese nun pesadelo tanto para o adolescente como os seus proxenitores, de aí que, dende a ANPA, xurdira a idea de organizar un obradoiro para as familias, principalmente con rapaces de idades comprendidas entre os 11 e 17 anos.  "Acompañando á adolescencia", foi impartido pola educadora Sara Vierna, de Almas Meraki, no noso colexio. Nel proporcionáronse respostas ás dificultades que aparecen nesta etapa. O adolescente precisa, máis que nunca, que lle mostremos a nosa mellor versión, unha educación onde o adulto estea presente e dispoñible, mostrando o seu afecto e validando as emocións con respecto e cariño. Se algo van necesitar os nosos adolescentes é sentir o amor dos seus proxenitores de maneira incondicional. Durante os dous fin de semana, entre febreiro e marzo, abordáronse temas como:   manter o vínculo cercano durante o proceso de autodefinición,  promo...

Demostración de ping-pong

Imaxe
  O noso alumnado gozou, á volta das festas de Nadal, dunha actividade promovida pola ANPA. A través dunha petición realizada por unha familia asociada, o Clube do Mar San Amaro organizou unha emocionante demostración de tenis de mesa no ximnasio azul do noso centro, dividida en xogos dinámicos. A actividade, que contou co noso apoio, foi recibida con gran entusiasmo polos nenos e profesores que, cheos de alegría, disfrutaron plenamente destas experiencia única. Os xogos propostos na demostración permitiron aos nenos desenvolver as súas habilidades de maneira divertida e educativa. A iniciativa busca fomentar a participación e o interese polos deportes entre os máis pequenos. Un éxito notorio que se repetirá noutros cursos este vindeiro xoves e venres. A colaboración co Clube do Mar San Amaro asegura unha experiencia enriquecedora para os nenos, proporcionando recursos e apoio técnico para a realización da actividade. Dende a ANPA expresamos a nosa satisfacción pola resposta positi...

TORNEO XADREZ NAVIDAD - VI EDICION

Imaxe
Recentemente, tivemos o pracer de testemuñar o VI Torneo de Xadrez no Colexio Esclavas de A Coruña, onde a destreza e a estratexia brillaron grazas ás talentosas participantes. Este evento non só promoveu a competición saudable, senon tamén reforzou o espíritu xadrecista na nosa comunidade educativa.  Parabéns a todos os xogadores pola súa dedicación! Sen dúbida, esta experiencia enriquecedora deixará unha pegada duradeira no corazón dos amantes do xadrez do Colexio Esclavas de A Coruña. Queremos compartir a emocion da entrega de premios e trofeos aos participantes e gañadores. A súa participación é fundamental para o éxito deste evento. ¡Grazas polo voso compromiso!

Grazas por deixarnos unha pegada tan profunda e significativa, Miguel.

Imaxe
 É un día triste no que nos toca comunicar o falecemento do noso apreciado profesor de Infantil e Primaria, Miguel López, coñecido nas RRSS como "O Hematocrítico". Non só foi un educador exemplar, senon que tamén unha alma xenerosa que enriqueceu as nosas vidas co seu humor único e a súa presenza vibrante. Miguel deixou un legado imborrable no noso colexio e na nosa ANPA. Co seu compromiso e entusiamo, inspirou non só aos estudantes, senon tamén aos seus colegas e ás familias que tiveron a sorte de coñecelo. As súas clases non só eran educativas, senon tamén divertidas, enchendo as aulas de risas e aprendizaxe. Como twittero e cómico, Miguel levaba a súa creatividade a novas alturas. As súas mensaxes e chistes amosaban a súa habilidade para facernos sorrir mesmo nos momentos difíciles. O Hematocrítico conectaba no corazón de quen o escoitaba, creando unha comunidade de que apreciaba a súa perspicacia e intelixencia humorística. Coa súa perda, a comunidade educativa perde non ...