INFANTIL no Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso en A Laracha

 




Onte, 14 de Maio, o alumnado de Infantil desfrutou dun día en plena natureza no Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso, na parroquia larachesa de Erboedo. Foi unha xornada enriquecedora na que poideron participar en diversas actividades lúdico-deportivas, ubicado nun entorno natural privilexiado, a pouca distancia do nacemento do río Anllóns, dentro da Costa da Morte.

Durante a visita, disfrutaron da experiencia "Un día na granxa", onde os rapaces tiveron a oportunidade de interactuar cos animais; realizar rutas en poneis; coñecer o picadero onde se adestran os cabalos; visitar o corral para aprender máis sobre o coidado dos galos e galiñas e coñeder de primeira man a súa alimentación, así como observar a fauna e a flora do lugar dende o estanque. Ademáis, tiveron actividades ao aire libre, aprenderon algo de horta e disfrutaron de algún obradoiro creativo e outros xogos.




Estamos moi contentos de poder ofrecer aos nosos pequenos esta experiencia única, que lles permitiu conectar co medio ambiente e enriquecer o desenvolvemento cognitivo, físico, emocional, social e ocupacional de maneira divertida.

Agradecemos ao Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso pola súa hospitalidade e por permitirnos pasar un día inesquecible rodeados de natureza e cabalos.



Dende a ANPA esperamos que as familias estean satisfeitas coas saídas e actividades deste tipo.

O custo para non abonados foi de 26,50 euros.