GRADUACIÓN - PROMOCION 2006

 



Parabéns aos nosos graduados!

O día de onte foi moi emocionante e significativo, marcou o fin dunha etapa e o comenzo dunha nova aventura. Queremos comenzar esta entrada no blogue manifestando o orgullosos que, dende a ANPA, estamos por cada un de vós e de todo o esforzo e dedicación que puxestedes para chegar ata aquí. Esperamos que a graduación fose o comenzo dun camiño cheo de éxitos e realizacións. Parabéns por este gran paso e que o futuro vos sorría sempre con infinitas oportunidades e felicidade. 

Queremos destacar o papel que tivemos nós como ANPA neste evento. O noso compañeiro e secretario, David León, desempeñou un papel destacado, sendo o encargado este ano de colocar as bandas distintivas nos graduados, subvencionadas por a nosa asociación. Ademáis, a ANPA colaborou activamente na organización do evento, patrocinando e coordinando o picoteo posterior que tivo lugar no comedor do noso colexio, onde as familias poidéchedes compartir momentos de celebración e confraternización.

O compromiso e a colaboración da ANPA foron clave para o éxito do evento, e desexamos que todas as familias e graduados disfrutaran dun día inesquecible e cheo de emoción.