BIOESCOLAS - Reciclaxe de aceite de cociña
Dende a AMPA, en colaboración con centro escolar e a empresa de reciclaxe Arioil, poñemos en marcha unha iniciativa de reciclaxe de aceite de cociña usado denominado BIOESCOLAS nas Esclavas:
Trátase dunha actividade de reciclaxe de aceite usado de cociña dirixida ao alumnado dos centros educativos de Galicia.
A operación é a seguinte:
- O alumnado poderá traer da casa aceite de cociña usado nunha botella de plástico pechada e depositalo no recipiente específico situado no colexio.
- Este aceite recollido terá un retorno económico para as actividades, material, etc. dos vos@s fill@s.
- A maiores, nos meses de marzo e abril participaremos nun concurso con outros centros onde o premio será de 500€ para o centro que máis aceite recolla en porcentaxe.
Animámosvos a participar nesta iniciativa de reciclaxe e enviar o aceite usado que teñades nas vosas casas. Axudemos a educar ambientalmente as/aos nos@s fill@s, creando hábitos de reciclaxe, coa transparencia de que todos os residuos son materia prima e teñen valor.
Moitas grazas de antemán.