Novo obradoiro: Acompañando á Adolescencia




Cando falamos da adolescencia, as familias trememos. Esta etapa tan crucial na vida de cada persoa ás veces convértese nun pesadelo tanto para o adolescente como os seus proxenitores, de aí que, dende a ANPA, xurdira a idea de organizar un obradoiro para as familias, principalmente con rapaces de idades comprendidas entre os 11 e 17 anos. 

"Acompañando á adolescencia", foi impartido pola educadora Sara Vierna, de Almas Meraki, no noso colexio. Nel proporcionáronse respostas ás dificultades que aparecen nesta etapa. O adolescente precisa, máis que nunca, que lle mostremos a nosa mellor versión, unha educación onde o adulto estea presente e dispoñible, mostrando o seu afecto e validando as emocións con respecto e cariño. Se algo van necesitar os nosos adolescentes é sentir o amor dos seus proxenitores de maneira incondicional.

Durante os dous fin de semana, entre febreiro e marzo, abordáronse temas como: manter o vínculo cercano durante o proceso de autodefinición, promover unha comunicación sana e comprender as emocións dos adolescentesAdemáis adaptouse o enfoque á sensibilización actual tras a pandemia, buscando ofrecer un apoio emocional.

O obxectivo foi proporcionar ferramentas para xestionar emocións, comunicarse de forma respectuosa e comprender os retos dos adolescentes, integrando o mindfulness, a comunicación non violenta, a perspectiva de xénero e a pedagoxía consciente.

O custe para os abonados foi de 75€ e 100€ para os non asociados. As prazas limitáronse a 20 e incribíronse ademáis de asociados, docentes de Escravas de A Coruña e familias interesadas de outros centros.