Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2019

ENTREGA DE PREMIOS TORNEO XADREZ

Imaxe
Esta mañá no salón de actos do colexio celebrouse a entrega de premios do II Torneo de Nadal de Xadrez. Os trofeos e medallas foron entregados a todos os participantes por Julieta , a directora do centro. Julieta felicitou a todos os participantes polo seu nivel e animou a todos a seguir practicando este deporte que favorece o desenvolvemento de habilidades mentais, así como á AMPA a seguir potenciando o torneo.

II TORNEO XADREZ NADAL

Imaxe
Deixámosvos unhas imaxes do II Torneo de Xadrez. Grandes xogadas, tácticas, estratexias e algún que outro rápido xaque mate. O xadrez un bo deporte para exercitar a concentración e desenvolvemento de habilidades mentais.   

II TORNEO XADREZ NADAL

Imaxe
II TORNEO DE NADAL DE XADREZ.    Estimadas familias,    A AMPA , en colaboración co Colexio, poñerá de novo en marcha o II TORNEO DE NADAL DE XADREZ.    O mércores 4 de decembro, de 17:20 a 19:20, terá lugar esta competición no Comedor Vermello.    Esta actividade vai dirixida a todos os alumnos de PRIMARIA e SECUNDARIA, que estarán divididos en 4 categorías:    • 1º, 2º e 3º de Primaria.  • 4º, 5º e 6º de Primaria.  • 1º e 2º da ESO.  • 3º e 4º da ESO.    A inscrición realizarase cumprimentando o seguinte formulario:     https://docs.google.com/…/1FAIpQLSdtFL8EyWz6WakJfP…/viewform     Despois recibiredes un correo de confirmación.  O número máximo de participantes será de 50. Ao ser un número limitado, as prazas iranse cubrindo a medida que se vaian recibindo as solicitudes.  Entregaranse trofeos aos dous primeiros clasificados de cada categoría e unha medalla a todos os parti...

CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS

Imaxe
CONTACONTOS EN LINGUA DE SIGNOS Andrés González,o noso intérprete de lingua de signos favorito, volve, un ano máis, a contar uns contos fantásticos a todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria.  Este ano vén da man de Acopros (Asociación de Colaboración e Promoción do Xordo).  A actividade desenvolverase en horario lectivo.  Esperámosvos con moitísimas ganas os días 26 e 27 de novembro!!!

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DE SOCIOS

Imaxe
Asemblea Xeral Ordinaria de Socios  A documentación que se presentará para a súa aprobación enviarase por correo electrónico nuns días. Contamos coa vosa presenza.

ELECCIONS AMPA 2019-20

Imaxe
Eleccións á Xunta Directiva da AMPA . Convocatoria, nomeamento da mesa electoral, calendario e circular da mesa electoral.

VOLTA AO COLE

Imaxe
  Empezamos un novo curso!!!

PROXECTO SNAPPET

Imaxe
PROXECTO SNAPPET gal Este ano os alumnos de 3º e 4º E.P participarán de novo do Proxecto «SNAPPET». Snappet é un método dixital con contido curricular para primaria. A súa plataforma integral contén explicación, a práctica con exercicios e o seguimento do neno en tempo real. A misión de Snappet é mellorar a educación en primaria usando as novas tecnoloxías. A cada neno se lle fai entrega dunha tablet coa que teñen acceso a un ensino e aos materiais de capacitación no nivel adecuado. Os obxetivos deste proxecto son facer unha aula eficaz, desenvolver unha actividade emprendedora entre o alumnado, fomentar o traballo en rede e o uso das Tics, fomentar o traballo en equipo, a negociación, a resolución de conflictos, o pensamento creativo, así como as competencias básicas. Este proxecto personaliza a aprendizaxe, optimiza o tempo do profesor e motiva aos alumnos. Personalización da aprendizaxe: Faise énfase nas áreas onde o alumno ten máis necesidades  Adápta...

II XORNADA NA ESCOLA DE HOXE: SABEMOS COMUNICARNOS NA ESCOLA?

Imaxe
II XORNADA NA ESCOLA DE HOXE: SABEMOS COMUNICARNOS NA ESCOLA?  Desde a AMPA , continuamos este curso coa «II XORNADA NA ESCOLA DE HOXE», co título: "SABEMOS COMUNICARNOS NA ESCOLA?" [ descargar o dríptico : https://goo.gl/12yGvN ].  A xornada terá lugar o vindeiro xoves 28 DE MARZO ás 19:00 horas no Salón de Actos do «Colexio As Escravas» .   A clave destas xornadas é a COMUNICACIÓN entre os diferentes axentes educativos. Trataremos o tema desde diversas perspectivas: Colexio, alumnos, familia… Falaremos tamén da comunicación entre iguais (educación, respecto, tolerancia, límites, etc.). Propoñeremos pautas para axudar a conseguir que a relación sexa eficaz e positiva, evitando condutas que deriven nunha comunicación tóxica.  Para explicar o tema convidamos a catro persoas que analizarán o tema desde diferentes perspectivas: Marcelo Castelo, Rosa Sánchez González- Dans , Ana Torres Jack e Rosalía Fernández. Tamén teremos unha intervención no...

V EDICIÓN CONCURSO FOTOGRAFÍA PHOTOESCLAVAS

Imaxe
Un ano máis, o Colexio Escravas da Coruña en colaboración coa AMPA propón a toda a comunidade educativa do centro un concurso de fotografía con base no lema da pastoral o valor da «xustiza» no cotián que están a desenvolver os centros da Fundación durante este curso: DESCOBRE o que pasa! OBXECTIVO Fomentar en todas as persoas que forman parte da comunidade educativa o desenvolvemento do valor proposto pola pastoral mediante a captación de imaxes fotográficas que representen dito lema.  Ver https://acoruna.esclavasscj.com/content/lema-del-curso para coñecer máis sobre este tema. PARTICIPANTES Todas as persoas que integran a comunidade educativa:  O alumnado do centro desde 4º de Ed. Infantil a Bacharelato.  Os pais, nais, titores… dese alumnado.  O profesorado e o persoal de administración e servizos do Colexio. CATEGORÍAS E TEMAS Dado que a intención final da actividade didáctica é realizar unha gran Exposición final dos traballos realizados, tratous...

TALLERES PARKOUR

Imaxe
Continuando co programa sobre cultura urbana que iniciamos fai xa varios cursos, e que tivo unha gran aceptación por parte dos alumnos, a AMPA , en colaboración co colexio, pon en marcha unha serie de talleres de PARKOUR para alumnos de 5º EP , 6º EP , ESO e Bacharelato. Estes talleres serán impartidos por VELLAESCOLA ( www.vellaescola.com  /  https://www.facebook.com/ vellaescola.cultura.urbana ) , que é unha entidade especializada na organización e difusión de actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia.    Cando? Os venres 25 de Xaneiro, 1 de Febreiro, 1 de Marzo e 5 de Abril, de 15.30 a 17.00 h .  Como? Previa inscrición en portería enchendo o formulario que podes descargar nesta ligazón: https://drive.google.com/file/d/16gqpbvhZO7dSzAZ5Jh3r7AqWHFZsujxE/view?usp=sharing Custo: 6€ por día. Propoñemos un bono de 20€ polos catro talleres.  Esperámosvos!!! ...

FAMILIA NO COMEDOR

Imaxe
Aínda que levamos algunhas semanas cursando aquelas peticións que se quedaron pendentes do curso pasado, esta comunicación fai referencia ao aranque para este ano do programa de visitas ao comedor do Colexio para compartir unha comida cos nosos fillos. Se estades interesados en acudir, enviar un correo a:  apacolegioesclavascoruna@gmail.com facilitando os seguintes datos, @teniendo en cuenta que: As visitas pódense realizar o día da semana: venres .  A hora é: 13:30 , que é cando están a chegar os nenos aos comedores.  Sabemos que calquera criterio que se utilice para establecer unha posible orde á hora de responder as solicitudes que se reciban é cuestionable, sobre todo se se pode dar o caso de que haxa máis peticións que días dispoñibles, pero algún temos que implementar. Será o de orde de chegada das respostas . Pero este criterio vén condicionado por: Darase preferencia a aquelas familias que non acudiron o ano pasado. É dicir, poderase repetir...