FAMILIA NO COMEDOR


Aínda que levamos algunhas semanas cursando aquelas peticións que se quedaron pendentes do curso pasado, esta comunicación fai referencia ao aranque para este ano do programa de visitas ao comedor do Colexio para compartir unha comida cos nosos fillos. Se estades interesados en acudir, enviar un correo a:  apacolegioesclavascoruna@gmail.com facilitando os seguintes datos, @teniendo en cuenta que:
  • As visitas pódense realizar o día da semana: venres
  • A hora é: 13:30, que é cando están a chegar os nenos aos comedores. 
  • Sabemos que calquera criterio que se utilice para establecer unha posible orde á hora de responder as solicitudes que se reciban é cuestionable, sobre todo se se pode dar o caso de que haxa máis peticións que días dispoñibles, pero algún temos que implementar. Será o de orde de chegada das respostas. Pero este criterio vén condicionado por:
    • Darase preferencia a aquelas familias que non acudiron o ano pasado. É dicir, poderase repetir experiencia, pero antes terían que ir, as familias que non tiveron esta oportunidade o ano pasado. 
    • Darase preferencia a aquelas familias que estean asociadas a esta AMPA. Esta, non é unha actividade do Colexio, é unha iniciativa que no seu momento propúxose ao Colexio e que lle pareceu moi boa idea. Nós (como AMPA) xestionamos: atendemos as peticións, realizamos un cuadrante de quendas, comunicámonos cos solicitantes, co Colexio, etc. E facémolo encantados, xa que este é o compromiso que temos coas vosas familias; por tanto, este esforzo vai dirixido, inicialmente, a aqueles que contribúen con esta Asociación.
  • Asignarase o venres correspondente a cada familia en función dos que vaian quedando libres a medida que se van recibindo e confirmando solicitudes. 
Os datos para enviar para atender a solicitude serían:
  • Para que COMEDOR? COMEDOR AMARELO ou COMEDOR VERMELLO?, é dicir, se o voso fillo está en E. INFANTIL (AMARELO) ou E. PRIMARIA (VERMELLO). En caso de ter varios fillos en distinto nivel educativo, indicar a preferencia. 
  • Nome e apelidos dos nenos. 
  • Nome e apelidos das dúas persoas (como máximo) que acudirán. 
  • Aínda que se confirmaría con posterioridade, se estades ou non asociados á AMPA. De non estalo, se queredes que vos enviemos información de como facelo e de todo o que facemos. 
  • Esperamos as vosas respostas e grazas anticipadas polo voso interese.
Esperamos as vosas respostas e grazas anticipadas polo voso interese.