II TORNEO XADREZ NADAL

II TORNEO DE NADAL DE XADREZ. 
 
Estimadas familias, 
 
A AMPA, en colaboración co Colexio, poñerá de novo en marcha o II TORNEO DE NADAL DE XADREZ. 
 
O mércores 4 de decembro, de 17:20 a 19:20, terá lugar esta competición no Comedor Vermello. 
 
Esta actividade vai dirixida a todos os alumnos de PRIMARIA e SECUNDARIA, que estarán divididos en 4 categorías: 
 
• 1º, 2º e 3º de Primaria. 
• 4º, 5º e 6º de Primaria. 
• 1º e 2º da ESO. 
• 3º e 4º da ESO. 
 
A inscrición realizarase cumprimentando o seguinte formulario:  
 
Despois recibiredes un correo de confirmación. 
O número máximo de participantes será de 50. Ao ser un número limitado, as prazas iranse cubrindo a medida que se vaian recibindo as solicitudes. 
Entregaranse trofeos aos dous primeiros clasificados de cada categoría e unha medalla a todos os participantes. 
Podedes consultar As BASES DO TORNEO picando na infografía. 
Esperamos contar coa vosa participación neste II TORNEO DE NADAL DE XADREZ do Colexio Escravas e sorte a todos os xogadores!