TALLERES PARKOUR
Continuando co programa sobre cultura urbana que iniciamos fai xa varios
cursos, e que tivo unha gran aceptación por parte dos alumnos, a AMPA, en colaboración co colexio, pon en marcha unha serie de talleres de PARKOUR para alumnos de 5º EP, 6º EP, ESO e Bacharelato.
Estes talleres serán impartidos por VELLAESCOLA (www.vellaescola.com /
https://www.facebook.com/vellaescola.cultura.urbana ), que é unha entidade especializada na organización e difusión de actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia.
Cando? Os venres 25 de Xaneiro, 1 de Febreiro, 1 de Marzo e 5 de Abril, de 15.30 a 17.00 h.
Como? Previa inscrición en portería enchendo o formulario que podes descargar nesta ligazón:
Custo: 6€ por día. Propoñemos un bono de 20€ polos catro talleres.
Esperámosvos!!!