MERCADILLO DE UNIFORMES (3ª edición)
3ª edición do Mercadillo de uniformes da ANPA
post > https://apacolegioesclavascoruna.blogspot.com/2024/12/a1.html
[ ACTUALIZADO 16.12.2024 12:22 ]
O xoves 19 de decembro de 2024 celébrase a 3ª edición do "Mercadillo de uniformes" que con tanta ilusión e convencemento organizamos dende a ANPA.
Terá lugar no "Patio dos peces" do Colexio cando finalice a Eucaristía (*) prevista para ese día.
É a terceira vez que se fai este mercadillo, a primeira neste Curso 2024-2025. As dúas anteriores foron no Curso 2023-2024, o 23.10.2023, e o 06.02.2024, cando foi a primeira vez que se fíxo realidade algo que se estaba madurando dende fai tempo.
Neste mercadillo, o que facemos, é dar a posibilidade as familias de mercar a uns prezos solidarios, prendas do uniforme de segunda man, en bo estado, que xenerosamente teñen doado outras familias que xa non as necesitan.
Agradecemos enormemente o xesto das familias que nos doan estas prendas para que poidamos darlle unha segunda vida, e tamén o traballo voluntario das persoas da ANPA que traballan neste programa, recepcionando, inventariando, clasificando, doblando, estibando e organizando despois o posto para a súa venta.
O prezo de cada prenda será de 5,00€, as camisetas e polos a 3,00€.
O pagamento terá que ser en efectivo. Lamentablemente no podemos implementar Bizum ou pagamentos con tarxeta.
Existen disponibilidades de tallas, pero poden existir limitación nalgunhas idades.
Agardamos que esta iniciativa, como xa o foi en anteriores edicións, sexa de interese para as nosas familias e superemos as 145 prendas que "atoparon un segundo fogar" dende o último mercadillo celebrado en febreiro.
(*) Esta Eucaristía de Nadal e Brinde de Nadal está recollida no programa de actividades de Nadal. Celébrase o xoves 19 de decembro no Colexio as 19:00 horas. Este programa está detallado na parte de atrás da postal de Nadal que está chegando a nosas casas, e da que xa falamos en FELICITACIÓN DE NAVIDAD.
💻Esta información tamén foi publicada na PLATAFORMA EDUCAMOS, nun "Aviso" activo dende o 16.12.2024, con este contido, e un link que leva a este post:
💬 Referencias
- post relacionado > FELICITACIÓN DE NAVIDAD
- post relacionado > Dándolle unha Segunda Vida aos Uniformes
- link > PLATAFORMA EDUCAMOS
- link > Publicado en Facebook
- link > Publicado en Instagram
______________________
- correo-e: apacolegioesclavascoruna@gmail.com
- formulario de contacto: CONTACTAR
- www: https://apacolegioesclavascoruna.blogspot.com.es
- Facebook: https://facebook.com/apacolegioesclavascoruna
- Instagram: https://www.instagram.com/ampacolegioesclavascoruna