Páxina Web / Blog da ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO (ANPA) do COLEXIO ESCLAVAS DEL SAGRADO CORAZÓN de A Coruña
Arranca a segunda EDICIÓN PROXECTO "ANFITRIÓNS POR UN DIA" 2024
GRADUACIÓN - PROMOCION 2006
Parabéns aos nosos graduados!
O día de onte foi moi emocionante e significativo, marcou o fin dunha etapa e o comenzo dunha nova aventura. Queremos comenzar esta entrada no blogue manifestando o orgullosos que, dende a ANPA, estamos por cada un de vós e de todo o esforzo e dedicación que puxestedes para chegar ata aquí. Esperamos que a graduación fose o comenzo dun camiño cheo de éxitos e realizacións. Parabéns por este gran paso e que o futuro vos sorría sempre con infinitas oportunidades e felicidade.
Queremos destacar o papel que tivemos nós como ANPA neste evento. O noso compañeiro e secretario, David León, desempeñou un papel destacado, sendo o encargado este ano de colocar as bandas distintivas nos graduados, subvencionadas por a nosa asociación. Ademáis, a ANPA colaborou activamente na organización do evento, patrocinando e coordinando o picoteo posterior que tivo lugar no comedor do noso colexio, onde as familias poidéchedes compartir momentos de celebración e confraternización.
O compromiso e a colaboración da ANPA foron clave para o éxito do evento, e desexamos que todas as familias e graduados disfrutaran dun día inesquecible e cheo de emoción.
INFANTIL no Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso en A Laracha
Onte, 14 de Maio, o alumnado de Infantil desfrutou dun día en plena natureza no Centro de Turismo Ecuestre O Ventoso, na parroquia larachesa de Erboedo. Foi unha xornada enriquecedora na que poideron participar en diversas actividades lúdico-deportivas, ubicado nun entorno natural privilexiado, a pouca distancia do nacemento do río Anllóns, dentro da Costa da Morte.
Estamos moi contentos de poder ofrecer aos nosos pequenos esta experiencia única, que lles permitiu conectar co medio ambiente e enriquecer o desenvolvemento cognitivo, físico, emocional, social e ocupacional de maneira divertida.
Dende a ANPA esperamos que as familias estean satisfeitas coas saídas e actividades deste tipo.
O custo para non abonados foi de 26,50 euros.
FESTAS SANTA RAFAELA MARÍA
PUBLICACIÓNS
ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025-2026
Convocatoria da ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA ANPA 2025 . Día: xoves, 4 de decembro de 2025 . Hora: 18:00 horas en primeira convocatoria, 18:...
-
Información sobre as eleccións das vacantes para a Xunta Directiva da nosa ANPA para o curso 2024-2025. Fase 5, Resultado da votación. A mes...
-
Facémosvos chegar información relacionada coa representación que, como familias integrantes desta AMPA , e como familias con fillo...
-
Presentámosvos a listaxe de candidatos ás eleccións da Xunta Directiva da APA, curso 2016-2017, de acordo ao aprobado pola JEAPA (Xunta...