CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
AMPA “COLEXIO PLURILINGÜE ESCLAVAS
DO SAGRADO CORAZON DA CORUÑA”
Estimadas familias:
De acordo co art. 14 dos Estatutos da Asociación convócase ASEMBLEA XERAL ORDINARIA de socios, que se celebrará no Salón de Actos do Colexio o MÉRCORES 10 DE NOVEMBRO DE 2021, ás 18:30 horas en primeira convocatoria e ás 19:00 HORAS EN SEGUNDA CONVOCATORIA, de acordo coa seguinte Orde do Día:
1.- Lectura e aprobación, se procede, da Acta correspondente á Asemblea Xeral Ordinaria celebrada o 7 de novembro de 2019.
2.- Lectura e aprobación, se procede, das contas correspondentes aos cursos 2019/2020 e 2020/2021, lectura das Memorias de Actividades desenvolvidas durante os cursos 2019/2020 e 2020/2021.
3.- Lectura e aprobación, se procede, do Orzamento e do Programa de Actividades correspondente ao curso 2021/2022.
4.- Aprobación, se procede, de gastos fóra de orzamento para o proxecto En Galegas e o Club Deportivo Escravas.
5.- Proclamación dos candidatos elixidos membros da Xunta Directiva tras a celebración das eleccións.
6.- Rogos e preguntas.
Quen desexe designar a outro socio para asistir e votar no seu nome na Asemblea (cada asociado só pode ter conferida como máximo unha representación) poderá outorgar mandato para o efecto, cubrindo unha delegación de voto e entregándoa na Asemblea, debendo achegar fotocopia do DNI do representado.
A Presidenta da Asociación
AMPA COLEXIO ESCLAVAS CORUÑA