CONVOCATORIA ELECCIÓNS XUNTA DIRECTIVA AMPA CURSO 2021-22
Tras a paréntese vivida polo Coronavirus, a Asociación retoma as súas actividades e, de acordo co indicado nos Estatutos da Asociación, cada curso débese poñer en marcha o proceso electoral convocando eleccións para a renovación parcial da Xunta Directiva
En reunión da Xunta Directiva da AMPA, celebrada o pasado día 13 de outubro, constituíuse a Mesa Electoral con persoas que non teñen que renovar o seu cargo este ano:
Presidenta de la Mesa Electoral Dª. ANA IRIA DÍAZ DURÁN
Vocal de la Mesa Electoral D. ENRIQUE JOSÉ GÓMEZ FERNÁNDEZ
Vocal de la Mesa Electoral D. JOSÉ ANTONIO OSUNA RODRÍGUEZ
A Mesa electoral estableceu o seguinte CALENDARIO ELECTORAL PARA As ELECCIÓNS DO 09/11/2021 21/10/2021
21/10/2021 CONVOCATORIA de Eleccións á Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais de alumnos do Colexio Plurilingüe Escravas do Sacro Corazón de Jesús da Coruña.
29/10/2021 Finaliza o PRAZO DE PRESENTACIÓN de candidatos a membros da Xunta Directiva ás 14:00 horas.
30/10/2021 Publicación da LISTA PROVISIONAL de candidatos no taboleiro de anuncios do Colexio. Apertura do prazo de alegacións á lista.
31/10/2021 Finaliza o prazo de RECLAMACIONS a candidatos ás 20:00 horas.
01/11/2021 Proclamación e publicación da LISTA DEFINITIVA de candidatos á Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais de alumnos do Colexio Plurilingüe Escravas do Sacro Corazón de Jesús da Coruña.
09/11/2021 ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DO “COLEXIO PLURILINGÜE ESCRAVAS DO SACRO CORAZÓN DE JESÚS” (*)
(*) HORARIO DE VOTACIÓN EN URNA EN EL COLEGIO
De 09:10 horas a 09:40 horas
De 13:00 horas a 13:30 horas
De 16:45 horas a 17:10 horas
A Mesa Electoral comunica que:
1. O NÚMERO DE VACANTES É DE 10.
2. PARA SER CANDIDAT@, A PERSONA DEBE ESTAR ASOCIADA (pode presentar a Folla de Alta na Asociación ó mesmo tempo que presente a súa candidatura) E ESTAR Ó DÍA NO PAGO DAS CUOTAS NO MOMENTO DA CANDIDATURA.
3. A PERSOA CANDIDATA DEBERÁ ENVIAR A SÚA CANDIDATURA POR CORREO ELECTRÓNICO Á
DIRECCIÓN apacolegioesclavascoruna@gmail.com, ATA AS 14:00 HORAS DO VENRES 29 DE OUTUBRO (Presentación candidatura).
Desde a Xunta Directiva convidámosvos a participar e presentar a vosa candidatura para formar parte da Xunta Directiva. Estamos á vosa disposición para solucionar calquera dúbida que vos xurda respecto a este proceso.
Contamos contigo!