En Galegas

 


 



En Galegas 

En Galegas

O proxecto En Galegas, subvencionado pola Deputación da Coruña, e realizado no curso pasado dende marzo a xuño 2021, é a suma das seguintes actividades:

· Realización de entrevistas no estudo de radio a mulleres galegas relevantes.

· Difusión dos podcast a través de diferentes medios e redes sociais.

· Elaboración de sesións tutoriais e fichas de traballo empregando as entrevistas como punto de partida

co fin de facer chegar aos xoves figuras femininas de éxito no noso entorno como referente.

· Elaboración dun booktrailer con todo o material do Proxecto.

 

Os obxectivos xerais do proxecto son:

o Fomentar o uso normalizado da lingua galega en todos os ámbitos.

o Ofrecer referentes femininos representantes da nosa cultura.

o Dar a coñecer figuras de importancia cultural en Galicia e as súas obras ao noso alumnado.

o Elaborar un banco de información onde poder atopar elementos de partida para desenvolver

actividades adaptadas ás diferentes idades que xiren en torno aos obxectivos xerais do proxecto.

Os obxectivos específicos para o Alumnado ESO son:

o Preparar as entrevistas, seleccionando información relevante sobre as entrevistadas e dándolles a todas elas un estilo común. 

o Realizar entrevistas e saber chegar á conversa e a información necesaria para o proxecto. 

o Desenvolver destrezas no uso do estudio de radio e edición.


Genially

Á procura de referentes galegofalantes, tema de preocupación do EDL dende hai tempo, sumouse a intención de poder ofrecer ao noso alumnado o coñecemento e interese por figuras femininas nos ámbitos científico e cultural. Mulleres que conseguisen os seus obxectivos en calquera profesión que escollesen, que loitasen por chegar onde están superando prexuízos.

A elección de Xela Arias como homenaxeada nas Letras Galegas, impulsou a idea de unir as dúas propostas neste proxecto. Algunhas das mulleres participantes foron: Fina Casalderrey, Yolanda Castaño, Ledicia Costas, Andrea Maceiras, Montse Pena Presas, Charo Baleirón… todas elas referentes, sen dúbida, da nosa cultura na actualidade.

 

Entrevistas :

Charo Baleirón

Fina Casalderrey

Yolanda Castaño 

Ledicia Costas

Andrea Maceiras

Montse Pena