FINAL DO V TORNEO DE NADAL DE XADREZ

Partida fin de torneo entre o campeón da categoría ESO-BACH e Jorge Rodríguez, consumado xogador de xadrez.


 VÍDEO

V TORNEO DE XADREZ DE NADAL

Hoxe tivo lugar o V TORNEO DE XADREZ DE NADAL.

¡Qué ben o pasamos!

FOTOS

 


























PHOTOESCLAVAS - VIII EDICIÓN

Retomamos o concurso de fotografía!

 


Anímate! A túa foto pode ser a portada do anuario deste curso!!!

Bases 

FAMILIAS NO COMEDOR

 

Con esta actividade: FAMILIAS NO COMEDOR, a AMPA pretende, en colaboración coa dirección do centro, achegar a realidade das Esclavas ás familias do alumnado, integrándoo activamente na vida do centro, e valorando a súa importancia como parte integrante da comunidade educativa.

Para aquelas persoas que non coñezades, este programa pretende que as familias poidan visitar o comedor do centro á hora de comer e, se o desexan, teñan a posibilidade de ter o menú dese día para xantar e degustar a comida que comen @s nos@s fill@s, ver como se serve, como se organiza, etc.

Para poder participar só precisamos de apuntarse na Portería, ben in situ, os venres habilitados e dispoñibles, ou ben no correo electrónico porteria@colegioesclavas.org, cunha antelación mínima de 24 horas.

O importe do menú, o habitual do ticket do comedor (9,60€), cobrarao directamente a entidade bancaria a finais de mes. 

Cando chegue o día, ás 13:35 horas, dirixirase á Portería e alí acompañaranlle ata o comedor que solicitou: AMARELO (Infantil) ou VERMELLO (Primaria), unha familia por comedor, máximo dous persoas cada un. 

O único que che pedimos é que, despois da experiencia, cubras unha breve enquisa, que será confidencial, cos teus comentarios, observacións, matices ou suxestións que poidan ser do interese de todos e que llo entreguen na Portería. Irá nun sobre pechado e recolleranse todos xuntos ao final do curso.

Esperamos que vos animedes e que sexa unha grata experiencia para as persoas que asisten.

 

DESEXOS DE PAZ, AMOR E FELICIDADE PARA ESTES DIAS

 Dende a AMPA desexámosvos un BO NADAL e un PRÓSPERO ANO 2023

 


Desde la AMPA os deseamos una Feliz Navidad y un Próspero Año Nuevo 2023

 

 

AULA MULTISENSORIAL

En Idade Infantil seguen a traballar e a estimular os seus sentidos: 





PROXECTO SUBVENCIONADO



PROXECTO IGUALDADE - SUBVENCIÓN CONSELLERÍA

DENTRO DAS ACTIVIDADES DE IGUALDADE SUBVENCIONADAS POLA CONSELLERÍA DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA

 

Contratamos a Vellaescola para finalizar as actividades de igualdade co deseño dun graffitti que pronto realizaremos no colexio:




 

Actividade realizada por:

Vellaescola


Actividade subvencionada por:


PROXECTO IGUALDADE - SUBVENCIÓN CONSELLERÍA

DENTRO DAS ACTIVIDADES DE IGUALDADE SUBVENCIONADAS POLA CONSELLERÍA DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA

 


 3º e 4º de ESO e 1º e 2º Bacharelato: DEPORTE. SURF E MULLER.

        Realizamos charlas nestes niveis da adolescencia abordando o tema da igualdade e a prevención da violencia de xénero dende a figura dunha muller deportista, licenciada en INEF e empresaria adicada ao mundo do Surf e que  cando empezou era un deporte maioritariamente masculino. Falou da súa experiencia como deportista, empresaria e muller.

 

 

Realizado por:


 

 Actividade subvencionada por:


 

 

 

 

 

 

PROXECTO IGUALDADE - SUBVENCIÓN CONSELLERÍA

 DENTRO DAS ACTIVIDADES DE IGUALDADE SUBVENCIONADAS POLA CONSELLERÍA DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA

 


1º e 2º ESO: OBRADOIRO RAP COA IGUALDADE

     Comezamos a celebrar os obradoiros "RAP coa IGUALDADE" impartidos pola Asociación Vella Escola, especializados en Cultura Urbana e que promocionan as súas actividades enmarcadas en diversos proxectos sociais relacionados coa xuventude, o medio ambiente, a discapacidade, a igualdade, a normalización lingüística,...

Gran acollida por parte do alumnado!


 Realizada por:
Asociación vella escola

 

Actividade subvencionada por:


 

    

PROXECTO IGUALDADE - SUBVENCIÓN CONSELLERÍA

DENTRO DAS ACTIVIDADES DE IGUALDADE SUBVENCIONADAS POLA CONSELLERÍA DE IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA


 

E.I.  e 1º e 2º EP :  QUE É O QUE REALMENTE TE FAI FELIZ? 

ROMPENDO ESTEREOTIPOS

Realizamos coa asociación Distant Sounds uns contacontos e actividades relacionadas coa Igualdade.


Realizada por:

Distant Sounds


Actividade subvencionada por:




   

PUBLICACIÓNS

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025-2026

  Convocatoria da ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA ANPA 2025 . Día: xoves, 4 de decembro de 2025 . Hora: 18:00 horas en primeira convocatoria, 18:...