FAMILIAS NO COMEDOR

 

Con esta actividade: FAMILIAS NO COMEDOR, a AMPA pretende, en colaboración coa dirección do centro, achegar a realidade das Esclavas ás familias do alumnado, integrándoo activamente na vida do centro, e valorando a súa importancia como parte integrante da comunidade educativa.

Para aquelas persoas que non coñezades, este programa pretende que as familias poidan visitar o comedor do centro á hora de comer e, se o desexan, teñan a posibilidade de ter o menú dese día para xantar e degustar a comida que comen @s nos@s fill@s, ver como se serve, como se organiza, etc.

Para poder participar só precisamos de apuntarse na Portería, ben in situ, os venres habilitados e dispoñibles, ou ben no correo electrónico porteria@colegioesclavas.org, cunha antelación mínima de 24 horas.

O importe do menú, o habitual do ticket do comedor (9,60€), cobrarao directamente a entidade bancaria a finais de mes. 

Cando chegue o día, ás 13:35 horas, dirixirase á Portería e alí acompañaranlle ata o comedor que solicitou: AMARELO (Infantil) ou VERMELLO (Primaria), unha familia por comedor, máximo dous persoas cada un. 

O único que che pedimos é que, despois da experiencia, cubras unha breve enquisa, que será confidencial, cos teus comentarios, observacións, matices ou suxestións que poidan ser do interese de todos e que llo entreguen na Portería. Irá nun sobre pechado e recolleranse todos xuntos ao final do curso.

Esperamos que vos animedes e que sexa unha grata experiencia para as persoas que asisten.