APRENDENDO COS SENTIDOS: CREACIÓN DUN AULA MULTISENSORIAL
Este ano a AMPA colaborará co colexio para lanzar o proxecto "Aprendendo cos sentidos: Creación dun aula multisensorial"
Actividades que se van desenvolver
- Creación dun aula multisensorial para o alumnado de Educación Infantil.
- Dotación de recursos para realizar actividades de estimulación sensorial co alumnado e coas familias.
- Sesións semanais de 2 horas de duración na nova aula multisensorial cos 6 grupos de educación infantil.
- Sesión semanais de 1 hora de duración na nova aula multisensorial co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
Obxectivos:
- Estimular o coñecemento a través de todos os sentidos nun mundo no que predominan os estímulos visuais.
- Fomentar unha aprendizaxe multisensorial no que o alumnado saiba integrar a información recibida a través de todos os sentidos e transformarla nun coñecemento máis amplo e completo da realidade.
- Atender as diferentes formas de aprendizaxe do alumnado: kinestésico, visual, táctil, auditivo...
- Acompañar as diferentes realidades de cada alumno para acceder ao aprendizaxe: alumnado con NEAE, TEA...
- Desenvolver a competencia artística do alumnado facilitando experiencias multisensoriais como primeira expresión artística.
- Realización de obradoiros coas familias.
- Difusión das actividades realizadas co obxectivo de concienciar sobre a importancia dunha
educación multisensorial
Este proxecto está dirixido a:
- Alumnado EI.
- Alumnado con NEAE.
- Familias.
Para a realización deste proxecto pedimos unha subvención á Deputación da Coruña.