HORTO ECOLÓXICO - COMPOST
Esta semana celébrase a semana Internacional do compost 2021.
Nace coa idea de informar e promover o uso do compost facendo fincapé nos seus beneficios.
Na aula de 6° de infantil adquirimos este compromiso desde o ODS que eliximos (Produción e consumo responsable).
Levamos varias semanas facendo compost coas mondas das froitas que tomamos no recreo e logo ímolo a usar na horta do colexio que estamos a coidar.
Todo isto ten moito que ver co lema deste ano da semana internacional do compost: Crecer, comer, compost, repetir.
A experiencia estar a ser moi boa e os nenos están a involucrarse moito e dando conta de que o que comen, ten unha nova vida se o compostamos.