CONVOCATORIA ELECCIÓNS XUNTA DIRECTIVA AMPA CURSO 2022-23
Como cada ano, a Asociación retoma as súas actividades e, de acordo co indicado nos Estatutos da Asociación, cada curso débese poñer en marcha o proceso electoral convocando eleccións para a renovación parcial da Xunta Directiva
En reunión da Xunta Directiva da AMPA, celebrada o pasado día 28 de setembro de 2022 constituíuse a Mesa electoral con persoas que non teñen que renovar o seu cargo este ano:
Presidente da Mesa Electoral D. IGNACIO LOURO OJEA
Vogal da Mesa Electoral Dª. MARÍA AROCHENA ROMERO
Vogal da Mesa Electoral Dª. VANESSA LANDEIRA SOUTO
A Mesa electoral estableceu o seguinte CALENDARIO ELECTORAL PARA AS ELECCIÓNS DO 07/11/2021
20/10/2022 Convocatoria de Eleccións á Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais do “COLEXIO ESCLAVAS DO SAGRADO CORAZÓN”.
28/10/2022 Finaliza o prazo de presentación de candidatos a membros da Xunta Directiva ás 14:00 horas.
29/10/2022 Publicación da LISTA PROVISIONAL de candidatos. Apertura do prazo de alegacións á lista.
30/10/2022 Finaliza o prazo de reclamacións a candidatos ás 20:00 horas.
31/10/2022 Proclamación e publicación da LISTA DEFINITIVA de candidatos á Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais do “COLEXIO ESCLAVAS DO SAGRADO CORAZÓN”.
07/11/2022 ELECCIÓNS Á XUNTA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DO “COLEXIO ESCLAVAS DO SAGRADO CORAZÓN” (*)
(*) HORARIO DE VOTACIÓN EN URNA NO COLEXIO
De 09:10 horas a 09:40 horas
De 13:00 horas a 13:30 horas
De 16:45 horas a 17:10 horas
A Mesa Electoral comunica que:
1. O NÚMERO DE VACANTES É DE 9.
2. PARA SER CANDIDAT@, A PERSOA DEBE ESTAR ASOCIADA (pode presentar a Folla de Alta na Asociación ó mesmo tempo que presente a súa candidatura) E ESTAR AO DÍA NO PAGO DAS COTAS NO MOMENTO DA CANDIDATURA.
3. O CANDIDADO DEBERÁ ENVIAR A SÚA CANDIDATURA POR CORREO ELECTRÓNICO Á DIRECCIÓN apacolegioesclavascoruna@gmail.com, SEGUNDO INFORMACIÓN ADXUNTA, ATA AS 14:00 HORAS DO VENRES 28 DE OUTUBRO.
Desde a Xunta Directiva convidámosvos a participar e presentar a vosa candidatura para formar parte da Xunta Directiva. Estamos á vosa disposición para solucionar calquera dúbida que vos xurda respecto a este proceso.