CONVOCATORIA DAS BOLSAS COMEDOR
Dende a FAPA recibimos este comunicado que pode ser do voso interese:
[inicio email]
Bos días.
Para a vosa información e as vosas familias, informarvos que o pasado día 23 de febreiro do 2022, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023, para o alumnado de centros escolares nos que se imparta segundo ciclo de educación infantil, primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, do termo municipal da Coruña e conten cun comedor autorizado pola consellería competente.
O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo, ambos incluídos.
Toda a información e a documentación da convocatoria está dispoñible nos seguintes enlaces do concello:
* Sede electrónica concello de A Coruña: Sede electrónica.
* Páxina web servizos sociais: información web servizos sociais.
Nesta convocatoria non será necesario achegar o certificado de escolaridade se autoriza coa sinatura á consulta na solicitude e non se opón expresamente a súa consulta.
Un saúdo.
[fin email]