VISITA PARQUE EÓLICO SOTAVENTO

Concienciando. Enerxías renovables e sustentabilidade.
Impacto ambiental? Que papel toma a humanidade na natureza? Como se xera a enerxía que consumimos? Aprender é cuestionarse e vivir de primeira man. E iso é o que buscamos de forma constante para os nosos alumnos
5º de Primaria visitou o parque eólico de Sotavento, unha experiencia estupenda na que seguro aprenderon moito. 🌬🌪🌪

 









 

 

 

 

RECOLLIDA DE AXUDA PARA UCRAÍNA

MOITAS GRAZAS A TODA NOSA COMUNIDADE EDUCATIVA!



Foi todo un éxito! Uhna gran recollida para unha boa causa!

💙💛 UCRAÍNA 💙💛






































HOXE SEGUIMOS A RECOLLER...

"Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, pode cambiar o mundo" 


Hoxe seguimos recollendo para UCRAÍNA.

Estamos no primeiro portón do patio en horario:

Mañá: 

08:30-09:15
13:15-13:45

Xerán:

15:15-15:45
17:00-17:30
 



 




 
 

RECOLLIDA PARA UCRAÍNA

 


 Lembrámosvos que mañá, mércores 9 de marzo, e o xoves 10 de marzo estaremos no colexio recollendo axuda para Ucraína 

No seguinte horario: 

Mañás:

08:30-09:15
13:15-13:45

Tardes:

15:15-15:45
17:00-17:30
 
 

8M: FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

RECOLLIDA PARA UCRAÍNA

RECOLLIDA NO COLE (NA PORTA PRINCIPAL)

MÉRCORES 9 E XOVES 10


APRENDENDO COS SENTIDOS: CREACIÓN DUN AULA MULTISENSORIAL


 

Este ano a AMPA colaborará co colexio para lanzar o proxecto "Aprendendo cos sentidos: Creación dun aula multisensorial"

Actividades que se van desenvolver

  • Creación dun aula multisensorial para o alumnado de Educación Infantil. 
  • Dotación de recursos para realizar actividades de estimulación sensorial co alumnado e coas familias.
  • Sesións semanais de 2 horas de duración na nova aula multisensorial cos 6 grupos de educación infantil.
  • Sesión semanais de 1 hora de duración na nova aula multisensorial co alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. 

Obxectivos:

  • Estimular o coñecemento a través de todos os sentidos nun mundo no que predominan os estímulos visuais. 
  • Fomentar unha aprendizaxe multisensorial no que o alumnado saiba integrar a información recibida a través de todos os sentidos e transformarla nun coñecemento máis amplo e completo da realidade. 
  • Atender as diferentes formas de aprendizaxe do alumnado: kinestésico, visual, táctil, auditivo... 
  • Acompañar as diferentes realidades de cada alumno para acceder ao aprendizaxe: alumnado con NEAE, TEA... 
  • Desenvolver a competencia artística do alumnado facilitando experiencias multisensoriais como primeira expresión artística. 
  • Realización de obradoiros coas familias. 
  • Difusión das actividades realizadas co obxectivo de concienciar sobre a importancia dunha educación multisensorial

Este proxecto está dirixido a:

  •  Alumnado EI. 
  • Alumnado con NEAE. 
  • Familias.

Para a realización deste proxecto pedimos unha subvención á Deputación da Coruña.


 

 

 

 


CONVOCATORIA DAS BOLSAS COMEDOR


 Dende a FAPA recibimos este comunicado que pode ser do voso interese:

[inicio email]

Bos días. 

Para a vosa información e as vosas familias, informarvos que o pasado día 23 de febreiro do 2022, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña a convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023, para o alumnado de centros escolares nos que se imparta segundo ciclo de educación infantil, primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, do termo municipal da Coruña e conten cun comedor autorizado pola consellería competente.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo, ambos incluídos.

Toda a información e a documentación da convocatoria está dispoñible nos seguintes enlaces do concello:

* BOP: Boletín Oficial de la Provincia.

* Sede electrónica concello de A Coruña: Sede electrónica.
* Páxina web servizos sociais: información web servizos sociais.

Nesta convocatoria non será necesario achegar o certificado de escolaridade se autoriza coa sinatura á consulta na solicitude e non se opón expresamente a súa consulta.

Un saúdo. 

[fin email]

 

 

 

PUBLICACIÓNS

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025-2026

  Convocatoria da ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA ANPA 2025 . Día: xoves, 4 de decembro de 2025 . Hora: 18:00 horas en primeira convocatoria, 18:...