TALLERES PARKOUR

Continuando co programa sobre cultura urbana que iniciamos fai xa varios cursos, e que tivo unha gran aceptación por parte dos alumnos, a AMPA , en colaboración co colexio, pon en marcha unha serie de talleres de PARKOUR para alumnos de 5º EP , 6º EP , ESO e Bacharelato. Estes talleres serán impartidos por VELLAESCOLA ( www.vellaescola.com / https://www.facebook.com/ vellaescola.cultura.urbana ) , que é unha entidade especializada na organización e difusión de actividades relacionadas coa Cultura Urbana en Galicia. Cando? Os venres 25 de Xaneiro, 1 de Febreiro, 1 de Marzo e 5 de Abril, de 15.30 a 17.00 h . Como? Previa inscrición en portería enchendo o formulario que podes descargar nesta ligazón: https://drive.google.com/file/d/16gqpbvhZO7dSzAZ5Jh3r7AqWHFZsujxE/view?usp=sharing Custo: 6€ por día. Propoñemos un bono de 20€ polos catro talleres. Esperámosvos!!! ...