ARRINCANDO O BLOGUE

Hoxe arrincamos o que era un proxecto: http://apacolegioesclavascoruna.blogspot.com.es
Tiñamos en mente desde hai tempo poñer en marcha un novo sistema de comunicación coas nosas familias asociadas e con outras persoas, organizacións e institucións que quisiseran coñecer que é o que modestamente, pero con orgullo e ilusión, facemos desde esta Asociación e de/co Colexio no que estudan as nosas fillas e fillos. 

Aproveitamos para este traballo, a tecnoloxía « BLOGGER», que é a que Google pon ao dispor dos seus usuarios, para publicar contidos en formato de blogue, como probablemente fagan xa moitos dos nosos membros a título persoal ou formando parte doutras entidades. 
 
Esperamos que a todos parézalles de interese e desde xa, por unha banda pedir desculpas polos erros iniciais que se poidan producir e por outro, como sempre, poñer á súa disposición un formulario para poder contactar connosco. Sitúase na parte superior da páxina na sección de: «CONTACTAR».
 
Por certo, a este blogue, tamén se ten acceso desde dispositivos móbiles, o único é que a aparencia vai ser diferente para adaptarse a ese formato. O contido é o mesmo, e sempre existe a opción para visualizalo en formato web.