INFANTIL na Casa do Queixo: descubrindo o Ecoturismo





Na nosa recente excursión á Granxa do Queixo dos nosos valentes aventureiros de 6º de Infantil, non só tiveron a oportunidade de explorar os segredos da producción artesanal do queixo galego, senon tamén de mergullarse nunha experiencia de ecoturismo única, grazas á subvención e apoio da Deputación da Coruña.

Neste enriquecedor lugar, atopamos non só unha instalación de producción, senón tamén un exemplo de sustentabilidade e conservación do medio ambiente. Aquí os nosos pequenos exploradores puidéronse conectar coa natureza e comprender a importancia de preservar o noso entorno natural.

Ademáis, un dos aspectos máis destacados da visita foi a descuberta dun paxar antigo completamente restaurado. Este espazo histórico ofreceu aos nosos aventureiros unha ollada ao pasado, permitíndolles apreciar a rica historia e o patrimonio cultural da nosa rexión.

Dende o fondo dos nosos corazón, queremos expresar o noso profundo recoñecemento á Deputación da Coruña por facer posible esta marabillosa experiencia. A súa xenerosidade e apoio son verdadeiramente apreciados por todos nós, na comunidade da nosa ANPA.

Esperamos continuar colaborando no futuro para seguir ofrecendo experiencias valiosas e enriquecedoras para os nosos nenos e nenas.









ACTIVIDADE SUBVENCIONADA 






INFANTIL na GRANXA COVENTINA


Queremos compartirvos, dende a nosa ANPA, a experiencia que brindamos ao alumnado de 4º e 5º curso de infantil da nosa comunidade educativa, grazas á subvención da Deputación da Coruña. Participamos na organización dunha excursión á Granxa Coventina, sita en Taramuxo, Carral (A Coruña), onde os nosos pequenos puideron mergullarse nun mundo de aprendizaxe e diversión en contacto coa natureza.

Dende o momento en que chegaron, víronse rostros radiantes e os ollos cheos de asombro dos nenos, evidencia clara da maxia que se lles aveciñaba. Explorar os campos, aprender sobre a vida rural e participar en actividades interactivas proporcionoulles unha experiencia única, que contribuíu ao seu desenvolvemento personal e educativo.

Máis alá do mero entretemento, destacamos a importancia de fomentar o respecto polo medio ambiente e a conexión co entorno natural. Esta excursión non só foi un momento de diversión, senon tamén unha lección de coidado e aprecio pola natureza.

Estamos profundamente agradecidos á Deputación pola súa colaboración e apoio nesta iniciativa, así como a todos o membros da nosa ANPA, en especial aos que traballaron arreo para facer realidade esta experiencia inolvidable. Sen dúbida, este día na Granxa Coventina deixou unha pegada imborrable nos corazóns e mentes deste cursos de infantil, e reforzou a nosa determinación de seguir ofrecéndolles oportunidades enriquecedoras no futuro.









ACTIVIDADE SUBVENCIONADA 



CONCURSO PHOTOESCLAVAS 2022/2023




¡Anunciámovos os resultados do concurso 2022/23!

Agradecemos a todos os participantes por compartir o seu talento. A foto gañadora será a portada do anuario, a recollida de premios será na Festa de Santa Rafaela no salón de actos e todos recibiredes un diploma.

Parabéns e grazas por ser parte deste incríble evento!
#Photoesclavas

FOTO GAÑADORA:

A veces te ves distinta a cómo eres en realidad


FINALISTAS:

Tu mejor valor eres tú


Me quiero 


 

Yo soy 



El valor de la autoestima


Autoestima


Soy capaz


Amor familiar


   
 
Puedo


 
Me quiero


 

Me quiero

RECORDATORIO ANFITRIONES POR UN DÍA

 Seguimos buscando máis ANFITRIÓNS!!!

 INFO

Apúntate AQUÍ

Como xa vos informamos, Anfitriones por un día está en marcha!

Unha iniciativa que trata achegar o alumnado da etapa de secundaria á realidade profesional da que formarán parte no futuro.

Para iso, queremos contar coa vosa colaboración e apoio, creando unha comunidade de profesionais que amosan como é a súa xornada laboral.

Aínda que a acollida está sendo moi boa, queremos moitos máis anfitrións e sobre todo máis profesións. Deste xeito, as posibilidades de elixir entre os máis novos, será máis grande e máis enriquecedora.

Asine agora!!! Apúntate AQUÍ

O prazo remata en breve.

 

ANFITRIONES POR UN DÍA

Lanzamos un novo proxecto para acompañar ao noso alumnado na súa orientación profesional: "ANFITRIONES POR UN DÍA".


 Animámosvos a participar nesta iniciativa na que as familias terán un papel protagonista.

INFORMACIÓN

 

 

 

 

 

 


ENTREGA TROFEOS V TORNEO DE NADAL DE XADREZ

Onte entregáronse os trofeos aos participantes do V Torneo de Nadal de Xadrez 

PARABÉNS!!!

 






























FOTOS EN EL DRIVE


PUBLICACIÓNS

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025-2026

  Convocatoria da ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA ANPA 2025 . Día: xoves, 4 de decembro de 2025 . Hora: 18:00 horas en primeira convocatoria, 18:...