En galegas - entrevista Eva Mejuto


 
¡Último programa de radio del curso!
Entrevista a Eva Mejuto. Podéis escucharla en el Blog de nuestra emisora:  
Esperamos que lo disfrutéis.

 

 

 

 

Festa Santa Rafaela











Hoxe, o alumnado de EI e 1°e 2° de EP gozou da actuación de @pakolas_pacocerdeira dentro do programa de festas de Santa Rafaela.

 

 

 

Obradoiro: Redes Sociais. Riscos e perigos asociados

Las redes y sitios sociales más populares e importantes de internet

Contamos coa visita do noso querido colaborador Jose Antonio Vázquez Taín para a 2°sesión do ciclo de Charlas e talleres organizados polo colexio, en colaboración coa AMPA, para fomentar o uso responsable de redes sociais e Internet no noso alumnado. Unha sesión moi interesante. Seguro que o alumnado de 1º ESO aprendeu moito. 

Grazas José Antonio!

HORTO ECOLÓXICO


 

Irene Romero de 2ºA é a gañadora da cesta de produtos do noso horto, ecolóxicos e de proximidade sorteados na iniciativa do ODS de 2° "Fame 0 

Parabén!

 

En Galegas - Eva Mejuto

 


Este xoves contamos coa presenza de Eva Mejuto, xornalista e escritora, que nos estivo falando do seu libro Memoria do silencio e participou no noso programa En galegas, onde puidemos coñecela un pouquiño mellor.
Graxas pola túa visita e parabéns polo recente Premio dos Clubs de lectura do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares da Consellería de Cultura, Educación e Universidades!
 

 

Campamentos de verán


 

Si precisas mais información, visita a páxina da FAPA:

 

https://fapacoruna.com/campamentos-de-verano-del-concello-coruna/

Axudas para libros e material escolar


Desde a FAPA fannos chegar esta información que cremos que pode ser do voso interese.

 

 https://fapacoruna.com/ayudas-para-libros-y-material-escolar/

En Galegas!

 

Vista a nosa web para ver o contido do proxecto "En galegas!" Hoxe con máis razón sendo o día das Letras galegas, seguro que atopas moito sobre Xela Arias.
Moito traballo, moita radio e moito amor pola nosa lingua.


https://acoruna.esclavasscj.com/noticias/en-galegas


 

 

 

HORTO ECOLÓXICO - COMPOST

 



Esta semana celébrase a semana Internacional do compost 2021. 
 
Nace coa idea de informar e promover o uso do compost facendo fincapé nos seus beneficios. 
 
Na aula de 6° de infantil adquirimos este compromiso desde o ODS que eliximos (Produción e consumo responsable). 
 
Levamos varias semanas facendo compost coas mondas das froitas que tomamos no recreo e logo ímolo a usar na horta do colexio que estamos a coidar. 
 
Todo isto ten moito que ver co lema deste ano da semana internacional do compost: Crecer, comer, compost, repetir. 
 
A experiencia estar a ser moi boa e os nenos están a involucrarse moito e dando conta de que o que comen, ten unha nova vida se o compostamos. 
 


HORTO ECOLÓXICO


Estes días comenzamos a preparar unha mini horta non colexio

Estamos desexando ver a evolución de todo o que plantaron! 








 

 

 

HORTO ECOLÓXICO - RIFAS

En 2° de Primaria estamos a traballar o ODS n°2: "Fame 0". 

Sorteamos unha cesta con produtos do noso horto e outros de agricultura ecolóxica e de proximidade. Ademais das familias de 2°, se hai alguén interesado no sorteo, as rifas "cómpranse" achegando alimentos que logo doaremos ao Banco de Alimentos Rías Altas.




 

CONCURSO PHOTOESCLAVAS CURSO 2020-21

Desde aquí animámosvos a particiar, a toda a Comunidade Educativa: alumnado, profesores, persoal non docente, familiares, no concurso fotográfico PHOTOESCLAVAS


 
  • Feixe unha foto relacionada co lema de pastoral este curso: "Ata o infinito e máis aló" 

  • Envíaa por email ao noso correo-e: apacolegioesclavascoruna@gmail.com 

  •  Indica categoría á que pertences: alumn@, profesor/a, persoal non docente, familiar de alumn@

  •  Data límite: 30 de abril ás 23:59 horas

    As fotos gañadoras aparecerán na portada e contraportada do anuario deste curso 2020-21

     

En Galegas - Andrea Maceiras

 


Este venres contamos para o noso programa “ En galegas ” con Andrea Maceiras (@andrea.maceiras), unha das grandes escritoras da literatura infantil e xuvenil en galego.
Gracias por estar con nós, por asinarnos os libros, por todas as fotos, pola túa paciencia e, sobre todo, por deixarnos coñecerte un pouquiño máis con e sen micros 😉. Grazas!
 

 



 

En Galegas - Charo Baleirón

 


Este mércores estivo con nós, no proxecto “ En galegas”, Charo Baleirón, coordinadora de innovación pedagóxica de Escolas Católicas de Galicia. Moitas grazas! 


 





 

En Galegas - Ledicia Costas



Hoxe contamos para o noso programa “ En galegas ” con Ledicia Costas, unha das grandes escritoras da literatura infantil e xuvenil en galego.
Gracias por esta divertidísima entrevista e parabéns polo recién recibido Premio da Cultura Galega. 

 

 




 

 

 

En Galegas - entrevista Yolanda Castaño


 
Xa está disponible na nosa radio a entrevista a Yolanda Castaño.
Podedes acceder a ela na web o copiando o enlace: 
 

 


 

 

PUBLICACIÓNS

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025-2026

  Convocatoria da ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA ANPA 2025 . Día: xoves, 4 de decembro de 2025 . Hora: 18:00 horas en primeira convocatoria, 18:...