PROXECTO IGUALDADE - SUBVENCIÓN CONSELLERÍA
A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia concedeunos unha subvención para levar a cabo un proxecto que fomenta a igualdade e a prevención da violencia de xénero.
Dende a AMPA do CPR ESCLAVAS DA CORUÑA cremos que debemos sensibilizar e involucrar ás familias na promoción dos valores de corresponsabilidade dunha distribución de tarefas domésticas e de coidado sen condicionamentos de xénero. Cremos que, combinando esforzo e traballo, dende todos os elementos da comunidade educativa, debemos promover programas de formación, sensibilización, información para a erradicación de todas as formas de violencia contra as nenas, as mulleres novas e as mulleres.
A nosa proposta abarca diferentes actividades adaptadas a diferentes niveis educativos, así como a profesores e familias. Consideramos que é fundamental formar ás familias en todos os aspectos relacionados coa IGUALDADE DE XÉNERO e a PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO, para que poidan complementar, dende casa, a formación que reciben os seus fillos e fillas na escola.
ACTIVIDADES A REALIZAR
E.I. e 1º e 2º EP
Sesións de contacontos cun tema relacionado coa igualdade e a loita contra os estereotipos. Deste xeito lúdico, os nenos e as nenas terán un enfoque sobre o tema da igualdade e a prevención da violencia de xénero.
3º, 4º, 5º e 6º de E.P.
Obradoiros prácticos sobre igualdade e prevención da violencia de xénero, loitar contra os estereotipos, romper contra o micro-machismo e a obxectivación do corpo de mulleres e nenas.
1º, 2º, 3º e 4º de ESO e Bacharelato
Sesións de obradoiros na aula cun fundamento teórico nun principio, pero fundamentalmente práctico. Tratando a igualdade de xénero, a prevención da violencia de xénero.
PROFESORADO
A nosa proposta é impartir unha xornada de formación con varios especialistas na materia, na que despois de dar a súa charla desenvólvase unha rolda de preguntas, dúbidas, suxestións,...
FAMILIAS
Especialistas en Igualdade de xénero que ofrecerán ás familias unhas charlas nas que a transparencia e a accesibilidade aos diferentes temas farán que estas sesións sexan moi interesantes e revelarán as familias do alumnado moitos aspectos posiblemente descoñecidos ou que xeren dúbidas que se poidan resolver nestas charlas-obradoiros.
GRAFFITTI
Como peche de todas estas actividades gustaríanos facer unha pintada nunha parede do centro co tema da igualdade.
GRAVACIÓN AUDIOVISUAL
Propoñemos unha gravación audiovisual destas actividades.
Proxexto subvencionado por: