MERCADILLO DE UNIFORMES (3ª edición)

3ª edición do Mercadillo de uniformes da ANPA

post > https://apacolegioesclavascoruna.blogspot.com/2024/12/a1.html

[ ACTUALIZADO 16.12.2024 12:22

O xoves 19 de decembro de 2024 celébrase a 3ª edición do "Mercadillo de uniformes" que con tanta  ilusión e convencemento organizamos dende a ANPA.

Terá lugar no "Patio dos peces" do Colexio cando finalice a Eucaristía (*) prevista para ese día. 

É a terceira vez que se fai este mercadillo, a primeira neste Curso 2024-2025. As dúas anteriores foron no Curso 2023-2024, o 23.10.2023, e o 06.02.2024, cando foi a primeira vez que se fíxo realidade algo que se estaba madurando dende fai tempo.

Neste mercadillo, o que facemos, é dar a posibilidade as familias de mercar a uns prezos solidarios, prendas do uniforme de segunda man, en bo estado, que xenerosamente teñen doado outras familias que xa non as necesitan.

Agradecemos enormemente o xesto das familias que nos doan estas prendas para que poidamos darlle unha segunda vida, e tamén o traballo voluntario das persoas da ANPA que traballan neste programa, recepcionando, inventariando, clasificando, doblando, estibando e organizando despois o posto para a súa venta.

O prezo de cada prenda será de 5,00€, as camisetas e polos a 3,00€.

O pagamento terá que ser en efectivo. Lamentablemente no podemos implementar Bizum ou pagamentos con tarxeta.

Existen disponibilidades de tallas, pero poden existir limitación nalgunhas idades.

Agardamos que esta iniciativa, como xa o foi en anteriores edicións, sexa de interese para as nosas familias e superemos as 145 prendas que "atoparon un segundo fogar" dende o último mercadillo celebrado en febreiro.

(*) Esta Eucaristía de Nadal e Brinde de Nadal está recollida no programa de actividades de Nadal. Celébrase o xoves 19 de decembro no Colexio as 19:00 horas. Este programa está detallado na parte de atrás da postal de Nadal que está chegando a nosas casas, e da que xa falamos en FELICITACIÓN DE NAVIDAD.

💻Esta información tamén foi publicada na PLATAFORMA EDUCAMOS, nun "Aviso" activo dende o 16.12.2024, con este contido, e un link que leva a este post:


💬 Referencias

FELICITACIÓN DE NAVIDAD

Feliz Nadal!

Aproveitamos esta felicitación de Nadal que está a chegar as nosas casas para enviar os nosos mellores desexos para este Nadal.

Esta felicitación, dende fai anos, envíase dende o Colexio co financiamento da nosa ANPA. Tanto eles como nos, felicitamos conxuntamente o Nadal a todas as familias. 

Maila que utilicemos formatos dixitais, consideramos que é unha bonita tradición o envío dunha postal física aos nosos fogares que figuren coas outras que nos teñen chegado, para colgar na árbore, etc. 

Programación de Nadal 

 Na parte de atrás da postal, aparece o que é o programa de celebración do Nadal:

As actividades previstas son:

  • Xoves 12 de decembro, coa actividade de solidariedade "AGARIMO". O contido desta actividade xa foi comunicada na PLATAFORMA EDUCAMOS, no apartado de Circulares co título (Asunto): "AGARIMO" publicada (Data publicación) o 09/12/2024
  • Xoves 19 de decembro, pola mañá de 09:00 a 12:40 o alumnado celebrará o tradicional recital de Paxoliñas e un pequeno mercado de Nadal na porta da Igrexa. As familias estamos invitados a ver e participar. 
  • Xoves 19 de decembro, pola tarde as 19:00 a Eucaristía de Nadal e Brinde de Nadal, na Igrexa. As familias estamos invitados a participar.

[ é logo desta Eucaristía, cando se celebrará o MERCADILLO DE UNIFORMES (3ª edición ]

  • Venres 20 de decembro, pola mañá de 08:50 a 13:30 o alumnado e profesorado, celebrará internamente no Colexio o Nadal. 
  • Venres 20 de decembro, as 10:00 visitará o Colexio, as SS.MM. dos RR.MM. de Oriente.

___

💬 Referencias

______________________


ELECCIÓNS VACANTES XUNTA DIRECTIVA PARA O CURSO 2024-2025. FASE 5 > RESULTADOS DAS VOTACIÓNS

Información sobre as eleccións das vacantes para a Xunta Directiva da nosa ANPA para o curso 2024-2025. Fase 5, Resultado da votación.

A mesa electoral elabora e eiquí publicamos a "Acta" co resultado da votación do martes 10.12.2024 onde se da a coñecer os votos que obtiveron cada una das 9 persoas candidatas. 

As persoas, ordeadas por número de votos, e en caso de empate, por orden alfabético, foron:

  • David León Iglesias. 
  • Ana María Meizoso Castro.
  • Manuel Xavier Antelo Romero. 
  • Enrique José Gómez Fernández.
  • Sara Rodríguez Blanco.
  • Purificación Couso Primo. 
  • María Victoria Fernández Álvarez (Coco).
  • Isabel Rodríguez Boquete.
  • Ilse Gagliardi Izaga.

O número de vacantes é de 7, polo que despois da proclamación na Asamblea Xeral Ordinaria do mércores 11.12.2024, as sete persoas con mais votos pasarán a formar parte da Xunta Directiva desta Asociación para o Curso 2024-2025, durante un periodo de dous anos. 

📄 doc > Acta de escrutinio.pdf

👏 Agradecemos a todas a persoas candidatas a súa vontade para colaborar como integrantes da Xunta Directiva; felicitamos as sete persoas que obtiveron maior apoio; e animamos as personas que nesta ocasión no puideron entrar na Xunta Directiva, a que se presenten na convocatoria do ano que ven, para cubrir as vacantes das persoas que teñan que renovar, ao finalizar o seu periodo de dous anos; ou para cubrir baixas que se produzan de forma sobrevenida ou programada.

[ ACTUALIZADO 12.12.2024 ] Este documento está dispoñible na PLATAFORMA EDUCAMOS. No apartado de Circulares co título (Asunto): "RESULTADO DE LAS VOTACIONES DE LAS ELECCIONES DE LA AMPA" publicada (Data publicación) o 11/12/2024

[ post actualizado a 13.12.2024 09:09 ]

💬 Referencias

ELECCIÓNS VACANTES XUNTA DIRECTIVA PARA O CURSO 2024-2025. FASE 4 > PRESENTACIÓN DAS PERSOAS CANDIDATAS


Información sobre as eleccións das vacantes para a Xunta Directiva da nosa ANPA para o curso 2024-2025. Fase 4, Presentación das Persoas Candidatas.

Para facilitar a elección por parte das persoas asociadas a nosa AMPA das 7 vacantes para a Xunta Directiva o martes 10.12.2023 mediante papeleta en furna, de forma persencial, nalgún dos tres turnos de votación habilitados, de entre as 9 persoas candidatas, recóllese a información achegada por eles e elas nun documento conxunto a modo de presentación das súas candidaturas. 

Este documento está dispoñible na PLATAFORMA EDUCAMOS. No apartado de Circulares co título (Asunto): "PRESENTACIÓN DE LOS CANDIDATOS PARA LAS ELECCIONES DE LA AMPA" publicada (Data publicación) o 07.12.2024. Contén páxinas. 

A primeira páxina, son unhas notas a modo de lembranza dalguns aspectos do proceso de elección do que xa se informaba no documento ELECCIONES 2024.pdf  que estaba na Circular enviada o 18.11.2024 na PLATAFORMA EDUCAMOS co título "CONVOCATORIA ASAMBLEA GENERAL Y ELECCIONES 2024" e no post > Información sobre as elección das vacantes para a Xunta Directiva da nosa ANPA para o curso 2024-2025. Fase 1, Convocatoria de eleccións.

A segunda páxina, é un documento que agrupa o conxunto das achegas a modo de presentación, xunto cunha foto, das 9 persoas que se presentan as 7 prazas vacantes

Aparece desenfocada neste post, pero o contido nítido pódese consultar no documento (Asunto) "PRESENTACIÓN DE LOS CANDIDATOS PARA LAS ELECCIONES DE LA AMPA", publicado (Data publicación) o 06.12.2024 dispoñible na PLATAFORMA EDUCAMOS.


ELECCIÓNS VACANTES XUNTA DIRECTIVA PARA O CURSO 2024-2025. FASE 3 > LISTA DEFINITIVA DE CANDIDATOS

 

Información sobre as elección das vacantes para a Xunta Directiva da nosa ANPA para o curso 2024-2025. Fase 3, Listado definitivo de candidatos

De acordo á normativa electoral, recollida no documento ELECCIONES 2024, o 02/12/2024, unha vez finalizado o prazo para a presentación de alegacións (o 29/12/2024 as 20 horas) e avaliadas pola Mesa electoral, publícase o "LISTADO DEFINITIVO DE CANDIDATOS".

📄  doc > Listado definitivo de candidatos a la JD AMPA 2024-2025.pdf

Esta comunicación figura tamén na Circular enviada (Data publicación) o 02/12/2024 na PLATAFORMA EDUCAMOS co título (Asunto) "LISTADO DEFINITIVO CANDIDATOS ELECCIONES AMPA".

Neste proceso electoral, o seguinte paso é elixir de entre as 9 persoas candidatas que figuran no listado definitivo, as 7 persoas que cubrirán as prazas que estaban vacantes. 

Este proceso de selección o farán as persoas asociadas o vindeiro martes 10 de decembro, nunha elección en furna, con dúas posibilidades de horario: 

  • En horario de mañá: de 08:45 a 9:15 horas e de 13:00 a 13.30 horas.  
  • En horario de tarde: de 17:00 a 17:30 horas.
Todo este proceso, está establecido de acordo ao que se indica no artigo 20 dos Estatutos vixentes.

Anticipamos as GRAZAS a todas as personas candidatas que de forma xenerosa teñen a súa disposición de doar parte do seu tempo a esta ANPA, e a todas as persoas asociadas que faremos un esforzo por manifestar a nosa vontade nesta votación.

💬 Referencias

______________________

PUBLICACIÓNS

ASAMBLEA XERAL ORDINARIA CURSO 2025-2026

  Convocatoria da ASAMBLEA GENERAL ORDINARIA ANPA 2025 . Día: xoves, 4 de decembro de 2025 . Hora: 18:00 horas en primeira convocatoria, 18:...