CONCURSO PHOTOESCLAVAS
O vindeiro domingo día 17 de maio ás 23:59 finaliza o prazo para aqueles
que queirades presentar as vosas fotos ao concurso de fotografía: PHOTOESCLAVAS.
Como xa sabedes, o concurso que realizamos en colaboración co colexio,
terá como premio a portada e contraportada do Anuario do curso.
Animámosvos para que nos enviedes a vosa foto, sacada en horizontal, ao
correo electrónico da AMPA apaesclavascoruna@gmail.com
Pedímosvos que a foto reflicta a mellor cara da convivencia destes días,
baixo o lema do curso “FOTOGRAFA UN MUNDO, desde casa para todos”.
Tamén podedes enviar fotos exteriores aproveitando a fase de desescalada
na que nos atopamos, pero pedímosvos prudencia, que manteñades as
distancias e adoptedes as medidas de prevención recomendadas.
Acordádevos de poñer o nome do participante: alumno, nai, pai, titor(a),
profesor(a), persoal non docente; e o título da fotografía.
Como sempre, quedamos á vosa disposición, moito ánimo e todo o noso
apoio como Xunta Directiva. "ESTE VIRUS PARÁMOLO UNIDOS".