CHARLA VIRTUAL
Desde a AMPA
do colexio desexamos que tanto vós como as vosas familias e amigos
esteades ben, e esteades a levar esta dura situación da mellor maneira
posible.
Como ben sabedes, todos os anos a AMPA
organiza unha charla para pais e nais, así como uns talleres paralelos
para os nenos. Aínda que a situación actual non nos permite realizar a
actividade como tiñamos programado, quixemos seguir adiante cunha
versión virtual do tema.
A arte E O DEPORTE COMO PIARES FUNTAMENTALES DA EDUCACIÓN .
Os nosos relatores nesta ocasión serán:
José Antonio Vázquez Taín, xuíz e escritor.
Juan
José Raia , responsable de atención á diversidade en secundaria, aulas
alternativas e alumnos mediadores na Dirección Provincial de Educación
de Burgos.
Pablo Castiñeira ,xerente de Vella escola Cultura Urbana.
Anxo da Cruz, escritor, director, guionista e produtor.
Ángel López, deportista e presidente do Club Enki.
O evento ía ser signado por Andrés González, intérprete de Lingua de signos, e quixo estar connosco para mandarnos un saúdo e moito ánimo.
Os
talleres ían ser organizados por Sara Iglesias, mestra e ilustradora e
Miguel Quintela,mestre.Tamén se uniron para colaborar nesta iniciativa.
Abraham Cupeiro transmítenos, a través da súa música , a importancia desta arte no mundo da educación.
A todos eles agradecerlles desde a asociación a súa participación e colaboración.