gal
Este ano os alumnos de 3º e 4º E.P participarán de novo do Proxecto «SNAPPET».Snappet é un método dixital con contido curricular para primaria.
A súa plataforma integral contén explicación, a práctica con exercicios e o seguimento do neno en tempo real.
A misión de Snappet é mellorar a educación en primaria usando as novas tecnoloxías.
A cada neno se lle fai entrega dunha tablet coa que teñen acceso a un ensino e aos materiais de capacitación no nivel adecuado.
Os obxetivos deste proxecto son facer unha aula eficaz, desenvolver unha actividade emprendedora entre o alumnado, fomentar o traballo en rede e o uso das Tics, fomentar o traballo en equipo, a negociación, a resolución de conflictos, o pensamento creativo, así como as competencias básicas.
Este proxecto personaliza a aprendizaxe, optimiza o tempo do profesor e motiva aos alumnos.
Personalización da aprendizaxe:
- Faise énfase nas áreas onde o alumno ten máis necesidades
- Adáptase á forma e ao ritmo de aprendizaxe de cada un, creando unha ruta de ensino personalizado e único para cada estudante.
Motivación dos alumnos para aprender:
- Gamificación: A interacción cos exercicios crea unha sensación de autonomía e xogo.
- Promove a interacción colaborativa xa que os nenos axúdanse entre eles.
- Os nenos aprenden dos seus erros.
Optimización do tempo do profesor:
- O profesor, previo a recibir formación na metodoloxía dixital, organiza o traballo dos alumnos.
- Snappet permite saber con que alumnos e en que áreas precísase a intervención do profesor.
- Aforra o tempo do profesor xa que non ten que corrixir os exercicios.

