VOTACIÓN CONSELLO ESCOLAR

Simplemente lembrarvos que hoxe terá lugar a votación para que os pais e nais do noso Colexio fagamos efectivo o noso dereito e responsabilidade de elixir ao que será o noso representante do CONSELLO ESCOLAR do noso centro. 
 
Esta información xa se nos fixo chegar en varias ocasións por correo por parte do Colexio. 
 
Será hoxe mércores 28 de novembro en horario de 15:35 a 17:30 na mesa habilitada no recibidor do Colexio. 

Xa sabedes que o CONSELLO ESCOLAR é a institución colexiada cuxas funcións se estenden ao importante labor de control da xestión do centro escolar.

PUBLICACIÓNS

CHARLA TALLER - 27/11/2025 SALON DE ACTOS

  Dende a ANPA promocionamos un coloquio gratuito impartido pola Fundación Amigó sobre estilos educativos. Será un espazo para reflexionar, ...