LSE: CONTACONTOS HALLOWEEN

 ¡A ANPA fixo que Halloween fose aún máis especial este ano! 🎃✨ 

 Organizamos un emocionante Conta Contos en Lingua de Signos Española (LSE) para o alumnado. Na máxica sesión de contacontos vivimos unha conexión única do mundo da narrativa. Cada signo foi unha porta a historias fascinantes que, sen palabras audibles, resonaron nos corazóns dos nosos nenos. 

 A linguaxe de signos non só contou historias, tamén creou pontes de comprensión e inclusión. Na marabilla dos xestos, os contacontos transportaron á audiencia a mundos onde a comunicación vai máis aló das palabras audibles. 

 Que esta sesión de contacontos en linguaxe de signos siga a ser un recordatorio de historias que non coñecen fronteiras e poden ser contadas de maneiras tan variadas como as linguaxes que as expresan. 





Dándolle unha Segunda Vida aos Uniformes



No noso mercadiño, a reutilización é a estrela. Cada uniforme usado ten a oportunidade de ter un novo dono e un novo propósito. 

Exploramos como esta práctica non só aforra recursos, senon que tamén fomenta a solidariedade na nosa comunidade. Grazas ás familias que participachedes nel, non so atopáchedes uniformes asequibles, senon tamén contribuíchedes ao coidado do medio ambiente. 

A reutilización é un acto de amor á nosa Terra, e con cada compra estivéchedes axudando a facer a diferencia. 

 Esperámovos ver no seguinte mercadiño ¡Grazas por ser parte deste movemento!


ABRAHAM CUPEIRO


A nosa ANPA fixo posible esta marabillosa actividade. 🙏

 🌟 Un concerto inesquecible para os nosos nenos e nenas! 🎶 Abraham Cupeiro arrasou no noso salón de actos o pasado xoves 5, todos quedamos alucinados coa súa actuación. 😲 Un verdadeiro luxo ter a un artista tan talentoso na nosa escola.


Grazas Abraham por facer que os nosos rapaces vivisen esta experiencia única. 👏💫


PUBLICACIÓNS

LISTADO PROVISIONAL CANDIDAT@S