COMEDOR EN FAMILIAS. Resultados do curso 2022/2023

Xa temos aquí os resultados das enquisas do curso pasado sobre as Xornadas de Familias no Comedor, xunto con algúns dos vosos comentarios e suxerencias. A puntuación media foi de de 4.8 sobre 5 , ¡o que está xenial! 🌟👏 Grazas ás familias pola súa participación e apoio a este proxecto. A vosa participación activa neste proxecto fortaleceu os lazos e promoveu un ambiente de convivencia saudable. Animávovos a participar ás familias novas e aos que non tivechedes oportunidade de asistir outros anos. Recordade que é tan sinxelo como anotarse en portería ou chamando ao teléfono do noso centro .