II XORNADA NA ESCOLA DE HOXE: SABEMOS COMUNICARNOS NA ESCOLA?

II XORNADA NA ESCOLA DE HOXE: SABEMOS COMUNICARNOS NA ESCOLA? Desde a AMPA , continuamos este curso coa «II XORNADA NA ESCOLA DE HOXE», co título: "SABEMOS COMUNICARNOS NA ESCOLA?" [ descargar o dríptico : https://goo.gl/12yGvN ]. A xornada terá lugar o vindeiro xoves 28 DE MARZO ás 19:00 horas no Salón de Actos do «Colexio As Escravas» . A clave destas xornadas é a COMUNICACIÓN entre os diferentes axentes educativos. Trataremos o tema desde diversas perspectivas: Colexio, alumnos, familia… Falaremos tamén da comunicación entre iguais (educación, respecto, tolerancia, límites, etc.). Propoñeremos pautas para axudar a conseguir que a relación sexa eficaz e positiva, evitando condutas que deriven nunha comunicación tóxica. Para explicar o tema convidamos a catro persoas que analizarán o tema desde diferentes perspectivas: Marcelo Castelo, Rosa Sánchez González- Dans , Ana Torres Jack e Rosalía Fernández. Tamén teremos unha intervención no...