ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
 
  Como vos fomos informando en diversas ocasións e por diversos medios, algúns pais levamos moitos anos traballando no proxecto dun Pavillón Polideportivo para o noso Colexio.    O curso pasado demos o impulso necesario ao proxecto. Creouse unha Comisión Delegada do Pavillón composta por membros do colexio, da  JD  da APA e técnicos invitados e convocamos un CONCURSO DE IDEAS.    Ao concurso, que se lanzou a finais de novembro de 2015, convidouse todos os pais/nais do colexio tanto de actuais como de antigos alumnos, así como a antigos alumnos. Recibíronse 8 propostas.    Os catro proxectos mellor valorados pola Comisión Delegada, enviáronse a Madrid ao Padroado da Fundación Educativa  ACI .    Desde aquí, os membros da comisión, os arquitectos que participaron nesta selección e a Xunta Directiva da APA queremos expresar o noso agradecemento a todos os arquitectos e/ou equipos que presentaron os seus proxectos ao concurso, recoñecéndolles o esforz...
 
